Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Eleccións #24M: As listas de Cabana de Bergantiños

Eleccións #24M: As listas de Cabana de Bergantiños

E comezamos o repaso informativo en QPC de cara ás Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015. E o facemos por orde alfabética, arrincando polo Concello de Cabana de Bergantiños, que chega tras varios anos de turbulencia co tema da mina de ouro de Corcoesto, coa alcaldía e as actas dos 11 concelleiros en xogo.

Botando un ollo aos resultados das Eleccións Municipais do 2011, comprobamos que en Cabana deixaban un pleno con clara maioría para o PP: 9 concelleiros (2491 votos, o 75% do total) polos 2 concelleiros do PSdG (con 535 votos acadou un 16%). Quedábase entón o BNG preto do primeiro edil, pero non lle chegaron eses 256 votos (8%).

Buscará o BNG presencia no pleno coa aparición na vida política de Meli Souto, activo membro da Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños que conseguíu alonxar, polo de agora, a mina da zona. I é que precisamente as Municipais chegan cun claro enfrontamento en dúas formas de ver o futuro: apostando pola capacidade industrial que pode aportar un proxecto tan polémico como o da mina, ou apostar pola materia prima, a terra.

Intentará medrar a súa presencia no pleno o PSdG cas cartas xa postas sobre a mesa. Os dous edís Enrique Díaz Varela e Vanesa Barreira Rama preséntanse como candidato e número 2.

E mentres, no grupo de goberno, José Muíño será un ano máis o candidato, pero perde algún punto de equilibrio, como é Perfecto Vázquez, que marchou a Laxe tras amosar moitas desavencencias co alcalde. Por agora, o grupo popular non quixo compartir aínda a lista completa, pero seguro que están aí nomes da actual Carlos Manuel Sande Martínez, Sandra Méndez Blanco ou Carlos Allo Cundíns.

Jose Muino candidao a reeleccion na alcaldia de Cabana

Candidatura do PP de Cabana

  • 1.- José Muíño Domínguez.
  • 2. CARLOS MANUEL SANDE MARTINEZ.
  • 3. CARLOS ALLO CUNDINS.
  • 4. SHEILA RECAREY VARELA.
  • 5. BEGOÑA TORRADO LEMA.
  • 6. SANDRA MENDEZ BLANCO.
  • 7. MIRIAM MATO GIL.
  • 8. JOSE RAMON COUSILLAS REGUEIRA.
  • 9. SONIA SANDE LISTA.
  • 10. BORJA ANDRADE MONTES.
  • 11. ANA MARIA CASAS COUTO.

Suplentes

  • 1. MARIA SOLEDAD LEMA LEMA.
  • 2. MARIA ESMERALDA GERPE RODRIGUEZ.
  • 3. SANDRA LEMA PARGA.
  • 4. JOSE MARIA RAMA NANTON.
  • 5. MANUEL BARRAL CASTRO.

Candidatura do PSdG de Cabana

Lista do PSDG de Cabana Bergantinos 2015
  • 1.- Enrique Díaz Varela.
  • 2.- Vanesa Barreira Rama.
  • 3.- Adrián Paredes Ramos.
  • 4.- Manuel Pose Varela.
  • 5.- Ana María Silvarredonda Leis.
  • 6.- Beatriz Costa Fariña.
  • 7.- Manuel Francisco Moreira Lema.
  • 8.- Paula Moscoso Varela.
  • 9.- Manuel Barrera Ameijenda.
  • 10.- Justo Valledor Andrade.
  • 11.- Jesús Amador Varela.
  • 12.- Lucía Moreira Mosquera.
  • 13.- Manuel Rama Moreira.

Candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Cabana

Lista do BNG de Cabana Eleccions 2015
  • 1.- Fernando Marcelino Souto Verdes (Meli).
  • 2.- Stéfani Díaz Castiñeira.
  • 3.- Mª Luz Varela Vidal.
  • 4.- David Cancela García.
  • 5.- Jennifer Penedo Alborés.
  • 6.- Jacinto Alejandro Rivera Fariña.
  • 7.- Catherina Díaz Castiñeira.
  • 8.- Iván Cotelo Mato.
  • 9.- Juan Carlos Rodríguez Mourelle.
  • 10.- Mª Nieves Eiroa Souto.
  • 11.- Juan Carlos López Oliveira.
  • 12.- Dalila Vizcaíno Regueira.
  • 13.- Antonio Vázquez Varela.
  • 14.- José Luis García Reigía.
  • 15.- Tamara Eiroa Canosa.
  • 16.- Juan Fernando Márquez Senande.

Novas interesantes

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios