Venres. 29.03.2024
El tiempo

Eliminado un punto de vertido de augas residuais á praia de Area da Vila

Praia Area da Vila-Foto-CaminodosFaros
Praia Area da Vila-Foto-CaminodosFaros
Eliminado un punto de vertido de augas residuais á praia de Area da Vila

a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/camarinas/praia-camelle-volve-ser-incluida-nos-controis-oficiais-da-calidade-da-auga-da-xunta-galicia/20200817092825121299.html>A praia de Camelle volveu ser incluída nos controis oficiais da calidade da auga da Xunta de Galicia este verán tras realizar melloras no saneamento da zona. Pero outra das 5 praias costeiras nas que a Xunta desaconsella o baño é a praia Area da Vila.

Veremos se verán que vén as súas augas teñan unha calidade de auga suficiente para o baño, despois de que a Xunta eliminase a pasada semana un punto de vertido de augas residuais no areal urbano camariñán.

O foco foi localizado durante os labores rutineiros de inspección que o Plan de control de vertidos de Augas de Galicia realiza na rede fluvial e na marxe litoral do municipio. Posteriormente o Concello realizou obras na zona, o que posibilitou que as augas residuais se reconduciran cara a unha estación de bombeo existente na zona e finalmente á estación depuradora de Camariñas.
Finalmente, na última inspección os técnicos da Xunta verificaron que as obras permitiron o cese do vertido no areal.

Novas relacionadas

Comentarios