Venres. 19.04.2024
El tiempo

Eliminan un verquido de augas residuais que ía directamente a Area do Bote

Verquido en Camelle
Unha tubería rota provocaba un verquido en Camelle
Eliminan un verquido de augas residuais que ía directamente a Area do Bote

Un novo verquido de augas residuais foi descuberto, e sucsanado, esta semana pola brigada do Concello de Camariñas. Foi durante a execución das obras na Rúa Nova, en Camelle, cando comprobaron, había casas que non estaban conectadas á rede de saneamento, provocando que as súas augas residuais foran parar directamente a Area do Bote.

Os operarios procederon a corrixir a situación conectándoas á rede.

O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, explicou que “imos solicitar unha reunión coa responsable de Augas de Galicia para tratar o tema do saneamento de Xaviña”.

Comentarios