Venres. 19.04.2024
El tiempo

Emoción e loita na II edición dos Premios da Fedanpa

Emoción e loita na II edición dos Premios da Fedanpa
II edicion dos premios Ensino Publico Galego das ANPAs da Costa da Morte

Reivindicativa e Emotiva a partes iguais foi a II edición dos premios Ensino Público Galego das ANPAs da Costa da Morte. Unha cita na que a Fedanpa quere deixar claro o seu compromiso co ensino público de calidade.

Acollía o Pazo da Cultura carballés esta segunda edición que puxo os pelos a flor de pel a todos os asistentes. A xornada arrincaba cunha sesión de formación sobre a xestión das ANPAs, falando de normativas, funcionamentos, contabilidade, lexislación… Foron Elvira Lombao Vila, secretaria da Confederación de Anpas Galegas, Pepe Bustelo Tarrío, tesoureiro da federación de ANPAs da Costa da Morte e Pablo Balsas Barbeira, Orientador do IES M. Romero de Lema de Baio Zas os responsables desta primeira, e algo máis ardua, primeira parte da noite.

Os premios Wert e Rosalía

Todos agardaban o momento dos Premios, que o ano pasado recaían na Plataforma en defensa do Rural e da Montaña e no propio Ignacio Wert, que inspira o premio “malo” da entidade.
Este 2014, a entidade quixo premiar a Aloumiños e denunciar a outro político, o Conselleiro Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad.

Alouminos recibindo o Premio Rosalia da Fendapa

Uns premios que reivindican o dereito á Educación, e de aí que o premio Rosalía (en defensa do Ensino Público), que homenaxea aquelas agrupacións, colectivos… que loitan pola defensa do Ensino Público, tendo en conta a dificultade no desenvolvemento das súas actividades, foi entregado á asociación de NEAE Aloumiños da Costa da Morte polo seu activismo na inclusión real no eido socioeducativo.

Faltou, outro ano, o gañador do Premio Wert (en contra do Ensino Público). Non apareceu polo lugar conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pero quedou patente o seu esforzo por degradar a calidade do ensino público.

E tamén se erizaron os pelos cando saltaron á escena, para pechar o acto, as poetas María Lado e Lucía Aldao, que realizaron unha marabillosa actuación, “un recital ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co público, fixeron uso da música en directo, xogos e historias: comunicación poética pura e verdadeira”.

Maria Lado e Lucia Aldao cas Fedanpas

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios