Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O empresariado de Vimianzo responde

Reunion do empresariado de Vimianzo
Reunión do empresariado de Vimianzo
O empresariado de Vimianzo responde

Importante reunión a mantida este pasado martes no Concello de Vimianzo, manifestando a intención municipal de “prestar unha especial atención ao comercio, á hostalería e ao resto do empresariado local”. O grupo de goberno presentou varias propostas e escoitou as inquedanzas dunha vintena de empresarios de cara a promocionar a actividade económica do municipio vimiancés.

Estes dous meses que quedan de ano terán dous fíos condutores: O “Negocios en Negro”, arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e a campaña de Nadal.

O empresariado acolliu moi ben a proposta para decoración co material de “En Negro” os negocios de Vimianzo, e a entrega de sobres sorpresa en cor violeta á clientela dos negocios. Dentro dos sobres irán mensaxes en contra da violencia de xénero e vales para consumir nos negocios locais (por exemplo, un pastel na panadería X ou un café no bar X). Xa hai máis de 40 entidades anotadas para participar, e está aberta a inscrición online na web municipal.

Sobre a Campaña de Nadal, fíxose incapé na intención de ter alumeado de Nadal por un período máis longo que anteriormente e en facer un programa lúdico dentro dunha carpa na praza do concello durante ese período.

Nova xuntaza o luns coa hostalería

A raíz destas xuntanzas xurdiron novas ideas para desenvolver por parte dos negocios de hostalería durante o Nadal. Polo que se convocou unha nova xuntanza para o próximo luns, 4 de novembro, ás 20.00 na Casa do Concello.

Comentarios