Xoves. 18.04.2024
El tiempo

"En Malpica poderiamos ser todos poetas, porque Malpica é unha poesía en si"

"En Malpica poderiamos ser todos poetas, porque Malpica é unha poesía en si"
Paco de Tano e Eduardo Parga co Cartel da Feira do LIbro de Poesia Paco de Tano e Eduardo Parga co Cartel da Feira do LIbro de Poesia Dúas propostas poéticas as que organiza o Concello de Malpica. O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, único en Galicia, e a I Feira do Libro de Poesía, que se celebra esta fin de semana e que volve colocar a vila como lugar de referencia para a cultura galega::

Feira do Libro de Poesía

Feira do Libro de Poesia de Malpica A Asociación Cultural Caldeirón, co apoio do Concello de Malpica e da Asociación Cultural Malante, xa ten todo listo para a I Feira do Libro de Poesía “Paco Souto”, que se celebrará do 1 de 3 de xuño no Mercado Municipal. Un xeito de promocionar a poesía en galego, e ademais trata de dinamizar o Mercado Municipal e “darlle un pulo”, ademais de involucrar á hostalaría, porque “se a xente non vai á poesía, a poesía ten que ir á xente”, engadiu Paco de Tano, presidente da Caldeirón. Ademais, é un xeito inmellorable de lembrar a Paco Souto. Non faltarán xentes como Eduardo Estévez, Marta da Costa, Xurxo Souto, Rosalía Fernández Rial, Carlos Lourenzo ou Ricardo Seixo, e artistas plásticos e a entidades e persoeiros locais coma a Asociación Cultural Malante ou Andrés Mourente. “En Malpica poderiamos ser todos poetas, porque Malpica é unha poesía en si. Polo tanto, é normal facer unha feira da poesía e seguir facendo marca Malpica”, asegurou Paco de Tano.

13 anos do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas</2>

Máis que consolidado está este certame de poesía erótica malpicán, único en Galicia. O prazo de participación no Certame de Poesía Erótica está aberto ata o 30 de setembro, e hai 1000€ en premio ademais da publicación da obra gañadora. O fallo farase público coincidindo coa Cea das Letras, en novembro, e na que tamén se fará a presentación pública da obra gañadora na pasada edición.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-letras-eroticas-tamen-homenaxean-a-paco-souto/

Fonte

Comentarios