Venres. 19.04.2024
El tiempo

En marcha as obras da estrada de acceso ao Parador de Lourido

En marcha as obras da estrada de acceso ao Parador de Lourido

Contabamos onte que o Parador de Lourido podería estar listo en verán de 2019. E para esa data o que si que estará listo, seguro, é a estrada de acceso. A Deputación vén de investir máis de de 700.000 euros nas obras de ampliación da na DP 5201, un dos maiores investimentos de cantos se están a realizar na rede provincial de estradas e subliña o seu carácter estratéxico, ao conectar cunha infraestrutura fundamental para o futuro do municipio.

Así o anunciou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que hoxe visitou Muxía para supervisar xunto ao alcalde da localidade, Félix Porto Serantes, o deputado responsable da área de Vías e Obras e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, e diversos membros da corporación municipal o inicio dos traballos.

Ampliación, variante de Lourido e mirador

O novo vial contará cunha calzada de 7 metros e arcéns de 0,5 metros en ambas as dúas marxes, unha senda peonil de de 2 metros de ancho que discorrerá pola marxe dereita da calzada e que contribuirá a mellorar a seguridade dos transeúntes e unha variante do trazado no lugar de Lourido, xa que as condicións que presenta a travesía deste núcleo non son as axeitadas para o tráfico rodado e peonil. As obras inclúen tamén a construción dun novo mirador á altura do punto quilométrico 3+263, que contará con espectaculares vistas sobre a ría e disporá dunha pequena zona de estacionamento de vehículos, o revestimento das cunetas con formigón, a dotación dun sistema de drenaxe transversal e a instalación de novas tubaxes de recollida de pluviais. As obras teñen un prazo de execución de 10 meses, polo que se espera que podan estar rematadas antes de que remate o presente ano.

O Camiño

González Formoso subliñou tamén a aposta da Deputación por mellorar as estradas provinciais polas que discorre esta ruta xacobea, dotándoas de sendas peonís que garantan a seguridade dos transeúntes e peregrinos. Neste sentido, lembrou que no pleno de mañá venres aprobarase un investimento de preto de 900.000 euros para a construción de máis de 5 novos quilómetros de sendas no Camiño que se sumarán ás xa executadas en Muxía, Dumbría e Santa Comba.

Novas relacionadas

Comentarios