Mércores. 24.04.2024
El tiempo

En Marea e o goberno de Vimianzo critican as actuacións da Xunta ante a praga da pataca

En Marea e o goberno de Vimianzo critican as actuacións da Xunta ante a praga da pataca
en-marea-vimianzo-pataca Luís Villares e Davide Rodríguez desprazaronse onte ata Vimianzo para coñecer de primera man a situación en relación áa praga da pataca Se o mércores era o PSdeG quen critica a resposta "caótica" da Xunta ante o praga da pataca nas zonas tampón, onte fíxoo En Marea e o grupo municipal de Vimianzo. Así, o seu voceiro - Luis Villares - e o deputado - Davide Rodríguez - desprazáronse até Vimianzo para coñecer de primeira man a situación que está a vivir á veciñanza en relación a praga da couza da pataca despois de ser un dos municipios incluídos no tampón de seguridade. O alcalde vimiancés - Manuel Antelo - lamentou que a Xunta de Galicia non estea a dar a importancia que o problema da couza da pataca. Neste sentido denunciou a insuficiencia de medios e a falla de axilidade de actuación por parte do goberno galego nunha situación excepcional e que pode ter unhas consecuencias moi negativas en toda a comunidade. "De feito ata o día de hoxe (por onte xoves) a Xunta de Galicia non estivo presente na información aos veciños e veciñas -  segundo explicou Antelo -  pese a que a couza detectouse xa en Semana Santa neste municipio". Precisamente onte, a Xunta comezou a informar algo que salientou "chega tarde" xa que tería que se ter feito antes. "O concello pola contra actuou de inmediato convocando o propio sábado de Semana Santa unha xuntanza á que acudiron uns 400 veciños e veciñas para se informar" suliñou o rexedor vimiancés. Villares con Antelo pola feira local Desgoberno Pola súa banda, o voceiro de En Marea asegurou que “que esteamos a falar da couza da pataca desde 2015 revela un desgoberno e a incapacidade da Xunta de Galicia para adoptar medidas que sexan realmente eficaces para dar solución a un sector estratéxico a nivel comercial pero tamén desde o punto de vista do autoconsumo e como complemento de renda de moitas familias no rural”. "Estamos a falar dunha progresiva expansión da couza que pasou de 18 a 35 concellos e que amosa que as actuacións impulsadas polo goberno galego chegaron sempre tarde e o fixeron cunha contundencia insuficiente para poder solucionar o problema", explicou Villares. O voceiro de En Marea lembrou así mesmo que o pasado ano aprobouse por iniciativa de En Marea a constitución dunha mesa da couza a nivel administrativo que tivese como obxectivo facer un seguimento exhaustivo do problema e informar en sede parlamentaria e tamén axentes sociais e económicos, algo que “lamentablemente” non está a funcionar convenientemente. Neste sentido o grupo de En Marea instou á Xunta á poñer a funcionar esta mesa cumprindo os prazos aprobados de se reunir cada tres meses e aportar información precisa. Reclamou así mesmo que se dote dos medios precisos aos concellos que son os que están na practica a levar a cabo as funcións de información aos afectados ante a inacción da Xunta. En Marea levará ao Parlamento a necesidade de facer unha avaliación das políticas de prevención levadas a cabo desde o ano 2015 pola Xunta tendo en conta como non impediron o espallamento da couza. Así mesmo, a necesidade de que o inventariado das áreas afectadas sexa realmente rigorosa para que as medidas sexan efectivas. En terceiro lugar, reforzar a vixilancia tanto das sementes como dos tubérculos, que a certificación teñan toda a información e podan realizar tamén ese traballo para que a xente perda o medo. En último lugar, En Marea solicitará a modificación do regulamento das axudas tanto aos comercializadores como explotacións de autoconsumo afectadas. En Marea defende a necesidade de cubrir toda a cadea para que as axudas cheguen a tempo a todo o mundo en tempo real e sexan suficientes. O deputado Davide Rodríguez denunciou a falla de eficiencia por parte da Xunta de Galicia que desde 2015 ata o día de hoxe deixar que se estendera a couza da pataca e máis agora que a situación se agrava ao afectar a concellos que non teñen continuidade. Temos unha indicación xeográfica de Galicia da pataca e agora estamos preto desta zona o que agrava a situación como advertiu o deputado de En Marea. Segundo sinalaron, esta situación ben provocada tamén polo progresivo desmantelamento levado a cabo pola Xunta de Galicia das oficinas agrarias comarcais como centro de capacitación ou o pouco investimento que se está a levar a cabo en sanidade vexetal que está tamén detrás da situación actual.  

Novas da couza da pataca

Outras novas

Fonte

Comentarios