Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O encaixe pon moda nas mascarillas

mascaras de encaixe de Camarinas
Máscaras con encaixe de Esteban Freiría
O encaixe pon moda nas mascarillas

Xa vimos as primeiras mascarillas de encaixe para eventos de alta alcurnia feitas por Esteban Freiría. E non nos extraña nada que se convirtan en verdadeiras prendas de moda, unha vez que parece que van formar parte da nosa vida por moito tempo.

Por Camariñas, demostrando a súa adaptabalidade aos novos tempos, continúan avanzando, e as asociacións Puntillas e Rendas veñen de crear diferentes pezas de encaixe para aplicación nas máscaras.
O obxectivo é dobre: por unha banda que os deseñadores de moda poidan usalas nos seus deseños e, pola outra, que as palilleiras creen as súas propias máscaras para poñelas á venda nas súas tendas.

A directora da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, Dolores Lema, explicou que “decidimos dar este paso porque moitos deseñadores de moda xa están solicitando pezas de encaixe adaptadas para poder usalas nas máscaras que están a crear”.

É o caso do deseñador Esteban Freiría coa súa colección “Neno”, que o devolve ás ondas de mar nas que se criou.

Novas relacionadas

Comentarios