Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#12MESES12CAUSAS

As Enfermeiras Eventuais en Loita alzan a voz contra a eterna precariedade laboral no Sergas

As Enfermeiras Eventuais en Loita alzan a voz contra a eterna precariedade laboral no Sergas

Volveron concentrarse, no marco da campaña de protesta #12meses12loitas, enfermeiras de todo o país. Na Costa da Morte, o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita concentráronse no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, neste mes de novembro en contra da a precariedade laboral..

Despois de ter saído xa para esixir Transparencia, para protestar contra o mal chamado "contrato de estabilidade”, e polo dereito a conciliar, este mes de novembro, ían manifestarse polo ratio enfermeira-paciente, pero un suceso televisivo marcou esta ata.

Xa limos a historia da enfemeira lucense Alba, que puxo cara á precariedade laboral en varias televisións, amosando os ses 400 contratos asinados en varios anos, e acabou tendo que dar explicacións ante diversos datos privados, e falsos ademais, da vida laboral de Alba que a Consellería filtrara aos programas.

Por iso o colectivo decidiu dedicarlle este mes a Alba e a precariedade laboral. Alba, como outras moitas profesionais de Galicia (deixan claro que non é un caso illado e que milleiras de traballadores da Sanidade Pública Galega están nunha situación semellante), explicou que ten 3 oposicións aprobadas, pero que non implican un posto de traballo, e que, por exemplo, está pegada a un teléfono para gañar un contrato de 1, 2 ou, con sorte 15 días. Nestes últimos anos leva xa 400 asinados...

”É a loita de todos, porque as nosas condicións precarian afectan a toda a cidadanía”, explicou lendo o manifesto a camellá Digna Rodríguez. “A falla de descansos, o cambio de unidade, as adaptacións aos novos servizos, non acaban cas nosas gañas de traballar e de coidar aos nosos doentes, porque escollimos esta profesión por vocación”, leu, pedindo que todo o mundo ten que asumir o lema “Coida a quen te coida”.

O paro rematou pedindo a dimisión da Xerente do Sergas, Fernández Camba.

Enfermeiras Eventuis en Loira en Novembro 2019

Novas relacionadas

Comentarios