Imprimir

As enfermeiras da zona loitan pola conciliación familiar

que pasa na costa | 13 de agosto de 2019

Enfermeiras en loita, onte, ao pé do Hospital Virxen da Xunqueira de Cee.
Enfermeiras en loita, onte, ao pé do Hospital Virxen da Xunqueira de Cee.

Profesionais do Virxen da Xunqueira concentráronse este luns ás portas deste hospital para reivindicar de novo a mellora de contratos no Sergas e poñer o acento, desta vez, nas dificultades de conciliación asociadas á súa precariedade laboral.

Enmarcada na campaña #12meses12loitas, a enfermería sen praza denuncia situacións nos que os chaman para traballar ás 14.45 horas para entrar a traballar ás 15.00 horas, "sen saber onde deixar os nosos filos", manifestan. Así mesmo, contan que moitas das enfermeiras eventuais levan firmados entre 400 e 500 contratos en 8-10 anos, e moitos deles non teñen máis duración ca dun día. "E isto é algo que neste sistema se cotiza caro, xa que cada vez ofértanse menos prazas nas oposicións", engaden.

Por todo isto, deste este colectivo fan un chamamento a toda a sociedade: "Coida a quen te coida. Somos poucos, contigo (doentes, usuarios, familiares) seriamos máis".

Novas relacionadas

Máis novas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/enfermeiras-eventuais-reclaman-seu-dereito-conciliar/20190813080212112252.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA