Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Entroido de Carnota bótase a andar nunha “Noite de terror”

Entroido de Carnota 2020
O Entroido de Carnota bótase a andar nunha “Noite de terror”

Son moitas as actividades que o Departamentos de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota ten preparado este Entroido 2020. Unha das máis singulares é a Andaina de disfraces, que convoca para o sábado 22 de febreiro, pois dende as 9:30h percorrerán lugares especiais a ritmo trouleiro.

Pero o Entroido xa arrinca este venres 21, a partir das 17:00h. O pavillón de Carnota acolle a Festa de Entroido con inchables, posto lambereteiro a prol das Escolas de fútbol de Carnota e discoteca móbil. Non faltará o Concurso de disfraces.

O sábado 22 tamén será o día da Comparsa Entruideira do Pindo. A “Noite de terror” desfilará polas rúas a partir das 18.30h. E máis tarde, sobre as 21.30h, no Sinal, lacoada e baile.

O domingo 23 a Asociación Chan das Lamas organiza unha comida. Ademais a partir das 15:00 h, «Procesión da Virxe» dende a Fontevella para rematar na porta da Escola con Dianas e Alboradas. Ás 16:00 h, sesión vermú co dúo musical Misiela.

Luns e martes de entroido haberá obradoiros pola mañá no pavillón de Carnota e no Centro Xosé de Torea de Lariño (organizada por Sea Change (Nicola), coa colaboración da AAVV A Ínsua), respectivamente. E o mércores, que tamén é día non lectivo, xogos deportivos con Fernando no pavillón de Lamas de Castelo.

Novas relacionadas

Comentarios