Imprimir

Un entroido moi familiar en Santa Comba

que pasa na costa | 18 de febreiro de 2020

Dúas citas importantes ten o Entroido en Santa Comba este 2020, no que as familias son as protagonistas. Durante a mañá do venres 21 de febreiro celébrase o “Entroido Miúdo”, cun desfile divertidísimo polas rúas con todos os colexios de Santa Comba e a Charanga Os Celtas.

A gran festa familiar celebrarase na tarde do domingo 23 no Recinto Feiral, cos concursos de disfraces, inchables, obradoiros, e o espectáculo de maxia do Mago Teto.

Todos os programas do Entroido na Costa da Morte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/santa-comba/entroido-moi-familiar-santa-comba/20200218121303117565.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia