Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O envecellemento da poboación sitúa a Costa da Morte como zona de alto risco de mortandade por Coronavirus

Poboación maior de risco ante o Coronavirus na Costa da Morte copia
O envecellemento da poboación sitúa a Costa da Morte como zona de alto risco de mortandade por Coronavirus

Botando un ollo aos últimos datos de poboación do Instituto Galego de Estatística, faise duro analizar a poboación de risco ante o coronavirus que padecemos nunha comarca na que apenas levamos media ducia de positivos. Un panorama que podería situar á Costa da Morte como zona 1 de risco de mortandade por Coronavirus, a vista de que este virus parece afectar con maior virulencia aos maiores, o principal grupo de risco en todo o país.

En Vimianzo, Zas, Dumbría, Mazaricos e Carnota máis de 3 de cada 10 residentes teñen máis de 65 anos. Carnota roza o 40% (38,92%) de veciños por enriba da idade de xubilación. A escasa distancia se atopa Mazaricos (35,69%) e Vimianzo e Zas, que repiten dato (33,99%).

O dato contrasta co dos residentes menores de 20 anos, que son menos de 1 de cada 10 en Mazaricos, Dumbría e Carnota. Este municipio é o que mais destacada neste dato, ao concentrar unicamente un 8,82% de veciños con menos de 20 anos.
Por contra, en Carballo e Cee é onde se ofrece un mellor dato de censados con menos de 20 anos de idade, un 17,43% na capital de Bergantiños e un 15,88% na vila da Xunqueira. Tamén son estes dous municipios os que presentan un menor numero de maiores de 65, que son un 23% en Carballo e un 25 en Cee.

Media de idade superior a 50 anos

Así, a media de idade da poboación nos diferentes concellos da bisbarra só baixa dos 50 anos en Carballo, Cee, Corcubión e Fisterra. Na capital bergantiñán esta media se situa nos 45,73 anos, mentres en Cee sube aos 46,98. en Fisterra é de algo mais de 48 anos e en Corcubión chega aos 49. Os demais concellos superan, nalguns casos con creces, os cincuenta anos, sendo Carnota onde é maior (55 anos).

Novas novas do Coronavirus

Comentarios