Venres. 29.03.2024
El tiempo

Envorca unha ambulancia nun accidente entre Malpica e Carballo

Accidente dunha ambulancia en Malpica
Envorca unha ambulancia nun accidente entre Malpica e Carballo

Esta mañá unha ambulancia sufría un accidente e envorcaban na AC-418, no pk.10 a altura de Leiloio, termo municipal de Malpica. O accidente produciuse cando dous Técnicos de Emerxencias Sanitarias trasladaban a unha doente ao CHUAC. A paciente que quedou atrapada a consecuencia do impacto. Tamén resultou ferido o persoal sanitario, que tivo que ser trasladado noutra ambulancia.

Ao lugar tiveron que chegar os Bombeiros de Carballo, os membros do GES de Ponteceso, os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os voluntarios Protección Civil da localidade.

A ambulancia despois da excarceracion
A ambulancia despois da excarceración

Comentarios