Imprimir

Os equipos de Preferente costeiros valoran o Plan Competicional

FútbolQPC | 14 de setembro de 2020

Proposta básica do Competicional da Futgal para este curso 2020-2021
Proposta básica do Competicional da Futgal para este curso 2020-2021

Este luns 14 hai reunión virtual da Real Federación Galega de Fútbol cos equipos da Costa de 1ª, 2ª e 3ª Galicia. Unha reunión para a que xa sabemos que o Porteño non vai saír competir pola dificultade dos protocolos, pero para que hai moitas incógnitas, como a do Soneira que se vía na Preferente e a día de hoxe ten praza teoricamente na 1ª á expensas de que a Federación Española aprobe o ascenso do Boiro á 3ª División, o que provocaría o arrastre cara arriba do equipo soneirán. “Imos ir ata o final”, aseguran dende o cadro soneirán.

En todo caso, como previa, queremos analizar que opinan os clubs de Preferente sobre a proposta competicional da RFGF de Preferente para a tempada 20-21. Unha proposta que fai dous subgrupos e que pretende comezar a finais de outubro ou comezos de novembro.

O presidente do SD Sofán, Ricardo Tasende, que se perfilaba bastante crítico hai un par de semanas, considera “bo o Plan Competicional, sempre que se poida empezar nas datas sinaladas”.
Dende a súa opinión, a distribución beneficiaría á SD pois tería desprazamentos menos longos pois “é certo que os de Ferrol é Lugo fan o doble de quilómetros que nós, polo que estando dacordo en facer unha distribución por quilómétros, imos presentar unha proposta alternativa para equilibrar algo máis as distancias entre todos”, falando en alusión ao grupo de 14 clubs que manteñen conversas (Atlético Arteixo, Boimorto CF, Betanzos CF, SDC Galicia Mugardos, Laracha CF, SD Sofán, Puebla CF, San Tirso SD, SD Dubra, Sigüeiro CF, Noia CF, SD O Pino, Victoria CF, CD Boiro).

O propio adestrador vermellón, Alberto Rodríguez, considera que “será unha primeira fase igualada ao ser máis curta. Esperamos con moitas ganas as datas de comezo e o protocolo para tratar de chegar nas mellores condicións posibles despois de tanto tempo sen competir”.

Dende o Xallas FC, a presidenta Bea Velo, que tamén estará na reunión desta tarde en representación do Xallas B, que sae a competir na 3ª. considera que “os grupos están formados como mellor puideron. A nós parécenos ben porque non temos moitos kilómetros, pero poñernos a gusto a todos é imposible. É certo que o equipos do outro grupo teñen máis quilómetros pero moitos por autopista”. Critica, dos protocolos, sobre todo que se dea por perdido un partido se non se pode disputar un encontro reiteradamtente por un caso positivo, e sobre as datas para comezar ten unha doble impresión. ·Se esperamos porque esperamos, se non esperamos mal tamén… Penso que hai que empezar a darlle para adiante, pero se imos empezar e despois imos ter que parar…”.

David González, adestrador xalleiro, considera que "aínda non se sabe demasiado e está todo no aire", pero valora como "algo esperado o tema de ascensos e descensos e a distribución dos subgrupos".  "A hora de facelo corto está ben facelo por proximidade, pois os partidos, os partidos terán máis interese se finalmente deixan entrar ao público. Considera as datas correctas, "sempre que haia tempo para prepararnos", e sobre os protocolos considera que "se todo o mundo pon da sua parte, poderanse levar ben", e pon de exemplo como están traballando as escoliñas ou os centros de ensino.

 

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/equipos-preferente-costeiros-consideran-correcto-plan-competicional/20200914151214121838.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia