Venres. 19.04.2024
El tiempo

O COMPROMISO DA XUNTA REDÚCESE AO "DIÁLOGO"

O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros

Días de máxima actividade para os membros do Comité de Empresa de Cee-Dumbría CC.HH. Despois de pasar máis de 9 horas reunidos en Madrid na apertura da mesa de negociación coa dirección da empresa, os 4 representantes da CIG tiveron que voltar de contado para manter unha reunión, esta mañá de martes, e xa co Comité ao completo, co Conselleiro de Industria. As sensacións, ademais do cansanzo acumulado, non son as mellores.

O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros

Mesa de negociación en Madrid

As fábricas costeiras terán só 4 membros na mesa de negociación do ERTE que se inauguraba onte en Madrid, e que conta con 13 representates sindicais. E iso se non sae adiante a proposta de UGT a nivel nacional que propón reducir a mesa a 12 membros, quedando fóra un dos representantes dos traballadores das fábricas galegas. Unha circunstancia que se dá porque a empresa non recoñece aqueles representantes que dimitiron do sindicato co que concorreron ás eleccións, como acontece cos 7 membros do Comité costeiro (4 de UGT e 3 de CCOO que cambiaron de siglas). 

Diante desta situación, a sección sindical vai emprazar o comité para realizar unha asemblea e definir cos traballadores e as traballadoras os pasos a seguir. "Agardamos que o resto do comité reflexione, rectifique e decida actuar conxuntamente coa CIG para pararlle os pés a empresa e garantir o futuro dos empregos e das fábricas da Costa da Morte".

Foron máis de 8 horas da primeira reunión, nas que a dirección de empresa trasladou un caixón de información a cada comité. Á espera de poder analizar toda a documentación, dende a CIG valoran que a incidencia do ERTE na Costa da Morte (ademais da incidencia que xa supón a paralización dos dous fornos, que deixa un cento de traballadores, eventuais e externos, na casa) pode ser do 50% (as Centrais Hidroeléctricas quedan fóra do ERTE). “E iso no mellor dos casos, porque ese 50% é a nivel estatal, e tal e como está a cousa parece que nós poidamos ser os que suframos máis as consecuencias do ERTE”, explcia Alfonso Mouzo, representante da central.

Unha CIG que lles lembrou os argumentos que veñen sinalando nas últimas semanas: “Esta mesa de negociación é ilegal. Esiximos a negociación por centro de traballo, como esixe o Estatuto, e como ademais entendemos que tamén recoñecía a empresa nunha carta que nos enviaba en novembro na que escindía algunha das fábricas. Esiximos ademais que se cumpla a vinculación coas centrais hidroeléctricas, que obrigan a manter viable as fábricas, e cos dous fornos apagados difícilmente pode ser viable”.

As partes quedaron emprazadas para novas reunións os días 18 e 22 de febreiro.

Reunión en San Caetano

10,15 h.-   O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, manterá un encontro co comité de empresa de Ferroatlántica en Cee-Dumbría. Na sala de xuntas da Vicepresidencia, 3º andar. 
foto xoán crespo
12/02/2019

Como anunciara o PP de Cee esta semana, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, recibía ao Comité ao completo en San Caetano. Conde non fixo ningún compromiso fixo, pero si resaltou que manterá un diálogo continuo co Comité. O Conselleiro lanzou balóns fóra, e despois de anos de goberno popular aproveitou a situación para meterlle presa ao goberno central para solucionar o problema da industria electrointensiva galega. Un problema que leva décadas enriba da mesa e que nin Xunta nin o anterior goberno central se atreveron a resolver.

A sensación no seo do Comité non é de todo mala, e esperan que fagan valer varios dos argumentos claros que ten a empresa:

  • Que a Xunta faga valer a concesiónd a vinculación coas Centrais Hidroeléctricas, como xa fixo para evitar a venda das centrais o pasado 2017.
  • Que a Xunta faga por manter os postos de traballo no país.
  • Que a Xunta sexa consciente de que a creación e concesión do porto de Brens coa empresa, sirva para fixar postos de traballo, e non ter realizado unha infraestrutura pensando nunha empresa que vai acabar desaparecendo da zona
  •  
  •  
  •  

Comentarios