Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Escola de Hostalería de Carballo convírtese nunha cociña solidaria

Fernando Agrasar na Cocina Solidaria da Escola Municipal de Hostaleria de Carballo
Fernando Agrasar na Cociña Solidaria da Escola Municipal de Hostaleria de Carballo, xunto co concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.
A Escola de Hostalería de Carballo convírtese nunha cociña solidaria

Fermoso proxecto no que se está convertindo a Escola Municipal de Hostalaría. Todo o alumnado (excepto un que non pode compatibilizar horarios) aceptou volver aos fogóns, ás ordes de Fernando Agrasar, para levar comida elaborada a familias en situación de vulnerabilidade.

O primeiro menú deste mestre-chef con estrellas michelín, foi croquetas de bacallau ao pil-pil e filetes de lombo de porco con pisto de verduras e pataca cocida, aproveitando a doazón realizada ao Concello de Carballo polas empresas Seragra, Cultiagro e Patatas Gómez Vázquez, que tamén fixeron unha doazón ao Concello da Laracha.

Esta semana farán 200 comidas, pero poderán ir aumentando para “axudar á xente máis necesitada cunha alimentación saudable e variada”, explicou Agrasar, xa afeito a esta clase de iniciativas pois colabora coa ONG do chef José Andrés no proxecto do comedor solidario do Banco de Alimentos da Coruña. E, ao mesmo tempo, a experiencia resulta unha oportunidade única para que o alumnado “vexa como se cociña nestes grandes formatos, porque non é o mesmo cociñar para 15 ou 20 persoas que para 90 ou 100”, valora Agrasar.

A primeira xornada transcorreu dun xeito moi ordenado, sen aglomeracións nin necesidade de intervención do voluntariado de Protección Civil que se achegou ata o Fórum Carballo para colaborar.

A Escola de Hostaleria Munciipal de Carballo

Comentarios