Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os escolares da Costa da Morte fan unha chamada de alerta ante a crise climática

Mar Limpo Xa
Toda a comunidade escolar de Camariñas protagonizou unha acción espectacular na praia Area da Vila, formando para lanzar esta mensaxe ao ceo
Os escolares da Costa da Morte fan unha chamada de alerta ante a crise climática

A activa e comprometida Semana Mundial polo Clima completouse este venres con varias acciónstremendamente simbólicas. Puntos como Cee, Camariñas, Corcubión, Louro, Carnota, Baio ou Vilarmide tamén pecharon a combativa semana concienciando sobre a importancia de tomar en serio esta realidade e demandando aos gobernos a declaración de emerxencia climática no planeta, co fin de tomar medidas urxentes.

Unha nova demostración do poder da mocidade para colocar asuntos de máximo interese na axenda sociopolítica, ante a pasividade dos gobernos e do resto da sociedade en xeral. Unhas accións que non poderían ter sido levadas a cabo sen o compromiso de ducias de mestres, algúns involucrados no colectivo #TeachersforFuture, que están conseguindo que as citas reivindicativas que asolagan o mundo cos #FridaysforFuture chegan ata este recuncho do occidente europeo.

Todos os centros de Camariñas

As criaturas de Mar de Fabula acompanaron aos escolares de Camarinas na sua accion reivindicativa
As criaturas de Mar de Fabula acompañaron aos escolares de Camariñas na sua acción reivindicativa

Especialmente simbólica foi a actuación desenvolta en Camariñas, ao incluír nada menos que a 468 rapaces e rapazas desde os 3 aos 16, de todos os centros educativos. Gracias ao impulso da Asociación Mar de Fábula e acolaboración municipal, a comunidade escolar do IES Pedra da Aguia, o CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto e a Escola Unitaria de Camelle, xuntáronse para facer unha acción ambiental de chamada de atención medioambiental desde Camariñas para o mundo.

E menuda chamada de atención que puideron ver os gobernos dende o aire: “MAR LIMPO XA!!”, foi o berro que escribiron na area co seus corpos.

Venres final en Louro

Despois de comprobar a actividade semanal, a rapazada do CEIP de Louro aproveitou as pancartas realizadas para facer unha completa concentración no recreo.

Manifestacion no CEIP de Louro na Semana polo Clima

Concentración en Cee

a comunidade escolar de Cee, nomeadamente os grupos de maiores do IES Agra Raíces (coa colaboración do IES Fernando Blanco e o CEIP Eugenio López) saíu á rúa ao mediodía para refrendar a loita contra a crise climática. Fixeron unha combativa concentración na Praza 8 de marzo.

Concentracion pola Semana do Clima en Cee-Foto-Rafa Quintans
Concentración pola Semana do Clima en Cee-Foto-Rafa Quintáns

CEIP Vilarmide

Durante esta semana, tamén o CEIP vilarmide-Eduardo Noya sumáronse á preocupación xeneralizada polos problemas do quecemento global e as súas consecuencias. Falaron, vimos vídeos, fixemos algún traballo e o día 27 manifestáronse no centro e fixeron unha foto diante dunha imaxe da inspiradora de Fridays for Future: Greta Thunberg. “Do que se trata é de ir formando e concienciando a quen van vivir en primeiro plano estes problemas, e traballar para mitigar o que parece imparable”, explican dende o centro.

Accions no CEIP Vilarmide ante o cambio climatico

IES de Baio

Prantando arbores Accions no IES de Baio contra a crise Climatica

Non faltou o IES Maximino Romero de Lema de Baio ás citas ante a Emerxencia Climática. Este venres fixeron unha lectura de manifesto, acompañada da prantacións de dúas árbores como acto simbolico de reivindicacion, e a colocación de pancarta de protesta.
Ademais o alumnado de 3ºe 4º ESO, 1º e 2º Bach., FPB e Ciclos, acudiu á folga na súa totalidade, e moitos foron ás concentracións de Santiago.

Accions no IES de Baio contra a crise climatica

Novas relacionadas

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios