Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Escolas de Música de Carnota e Muros unen forzas para seguir facendo canteira cutural

Un combo da ESMU de Carnota en accion
Un combo da ESMU de Carnota en acción nun dos festivais destes pasados anos
As Escolas de Música de Carnota e Muros unen forzas para seguir facendo canteira cutural

Son dúas das escolas de músicas máis activas da comarca. Sempre vinculadas facendo que a comarca sexa unha auténtica potencia. Aí están as numerosas bandas de música saídas das terras de Carnota e de Muros, aí sobreviven iniciativas como a Sala Nasmo e nacen proxectos como #MúsicosdoPobo.

Iniciativas que non serían unha realidade sen a primeira pata, a da formación. E aí é onde as Escolas de Música de Carnota e Muros teñen a súa radical importancia. A de Muros forma uns 80 alumn@s entre Muros e Esteiro (teñen dúas bases), e contan coa Nasmo como complemento; mentres que a de Carnota é toda unha potencia en calidade e cantidade de alumnado: 170.

Alianza Uhia, muradá e directora da ESMU carnotá, recoñece que “boa parte da rapazada do grupos que saen de Muros, os tivemos nós de alumnos: The Rapants (2 deles foron nosos), Trapos Sucios, Pintura Plástica, Almánimal, Evil Bastard, etc, etc… O malo é que Carnota non ten unha sala Nasmo para que saian grupos aquí onde podan ensaiar e gravar, pero as bases da súa formación foise facendo dende aquí”, explica.

As conexións son continuas. Este mes, de feito, a ESMU está desenvolvendo unhas Masterclass de gravacións e mezclas caseiras para adolescentes e adultos, impartidas precisamente por Juan da Nasmo, nas que hai 19 persoas apuntadas.

Todo este caldo de cultivo fai que os directores de ambas entidades, Alianza e César, se poñan a traballar xuntos, coa intención de seguir facendo canteira. E aí foi cando xorde esta xornada de convivencia.

Juan da Nasmo dando unha masterclass na Esmu de Carnota
Juan Figueiras, da Nasmo, facendo a masterclass na ESMU de Carnota

Xornada de convivencia

Neste marco, o vindeiro sábado 6 de abril as Escolas de música municipais de Muros e Carnota celebrarán unha xornada de convivencia entre o seu alumnado. Este día, uns 40 rapaces e rapazas, de 12 a 16 anos, acompañados polos mestres/as da ESMU de Carnota desprazaranse dende Carnota ata Muros en bus sobre as 11:30 h, para facer a presentación e realizar diferentes xogos musicais.

Sobre as 14:00h os máis de 80 rapaces/as irán a un restaurante muradán a xantar, e logo, poranse rumbo á Casa da Cultura para preparar o festival que se levará a cabo no auditorio ás 17:00h. Haberá de todo, candións modernas, pianos solistas, orquesta, música tradicional, clásica…

Un concerto de entrada libre e de balde, aberto a todas aquelas persoas que queiranver e gozar da música que se fai nestas dúas Escolas.

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Comentarios