Venres. 29.03.2024
El tiempo

Escritores e artistas únense para homenaxear a Asunción Antelo

Escritores e artistas únense para homenaxear a Asunción Antelo
Asuncion Antelo con Isabel rey Porteiro na sua casa Museo en 2015 OLYMPUS DIGITAL Asuncion Antelo con Isabel rey Porteiro na sua casa-Museo en 2015 O propio Mon Lendoiro é o autor do cartel da exposición sobre Asunción Antelo na Galería Garabato O propio Mon Lendoiro é o autor do cartel da exposición sobre Asunción Antelo na Galería Garabato Mercedes Queixas, Luís Pesce, Santi Pazos, X.M. de la Viña, Santi Picos, Antonio Taracido, Viki Rivadulla, Cheíño, Cristina Castro, Tomás Luna, Xosé Pumar, Antonio Andrade, Peter Kramer, O’Mighelo, Teresa Dosil, Xan Fernández Carrera, Farruco Graña, Ana Palleiro, Fernando Cabeza Quilmes, Xosé Manuel Varela, Nolo Suárez, Xan Fraga, Peter Schneider, Chiña, Laura Taibo Mariño, Xosé María Varela, Nando Pereiro, Cristina Abelleira, Isa Fernández, Milagros Cotelo, Rosalia Fernández Rial, Isabel Rey Porteiro e, claro, Mon Lendoiro, por suposto. E os que faltan. Porque esta rendida homenaxe artellada por Mon Lendoiro á eterna Rexoubeira de Bergantiños está aberta a todo o que quen coñeza á brava artista coristanquesa, e está pensada para ir por outras partes da comarca. Falamos da exposición que acollerá do 26 de maio ao 30 de xuño a Galería do Estudo Garabato, en Carballo, e que vivirá a súa emotiva inauguración o propio sábado 26 ás 21:00h. Unha exposición que leva por título a frase que ela sempre dicía e que nos contaba Cristina Abelleira: “Eu nacín antes de tempo”. Abelleira foi a culpable do comprometido libro-homenaxe editado o ano pasado, e tamén participa entre este gran elenco, cun dos textos que acompañan cada ilustración ou escultura. Pois esa é a idea de Lendoiro, unir un texto cunha pintura ou unha escultura, para dar unha visión completa do que o mundo da arte sentía cara Asunción Antelo. Foi unha revelación, o “típico momento no que se che encende a bombilla”, polo que Mon Lendoiro se puxo a traballar nesta homenaxe. “Estaba nunha exposición na Galería, tomando un pincho, cando entrou Isabel Rey Porteiro“ (esa veciña que tanto coidou pola vida e obra da Rexoubeira). “Nese momento encendeuseme a bombilla e comecei a traballar, a falar cos artistas, cos escritores… xentes que a coñecían principalmente, pero non só. De feito, a xente que non a coñecía quedaron alucinados”. ”Cada un colleu unha parte da súa vida. Uns preferiron falar das súas mans, outros da sua vida, ou da súa obra”. A idea é resaltar como xurdiu esa potencia viva, autodidacta e que rompía os moldes dunha época que non era a ssúa. O propio Mon cóntanos como coñeceu á Asunción Antelo. “Convidáranme a cantarlle nun cumpleanos con Isa Lela, polos seus 90 e pico. Era a primeira vez que ía, aínda que xa a coñecía. E ese día flipei. E me acordo diso, e a partir de aí fun coñecendo tamé a Isabel Rey Porteiro e achegándome á Asunción cando podía. Xa ía sendo hora de que esta persoa reciba unha sentida homenaxe”. “Facémolo con todo o cariño do mundo e que siga coñecendo o seu legado”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios