Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Esixen de novo á Xunta que actúe ante posibles irregularidades na venda de Ferroatlántica

Imaxe nocturna da fabrica de Brens-Foto-Javi Ct
Imaxe nocturna da fábrica de Brens-Foto-Javi Ct
Esixen de novo á Xunta que actúe ante posibles irregularidades na venda de Ferroatlántica

Hai 15 días acusaba á Xunta de lavarse as man ante a polémica venda de Ferroatlántica a un fondo estadounidense. Onte, despois de dúas semanas sen o goberno galego defina a súa posición, o BNG volve á carga, pedindo á Xunta que actúe para evitar calquera tipo de fraude no proceso de venda.

Noa Presas do BNG

A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, lembrou que a Xunta ten que estar firme ante unha posible segregación encuberta das fábricas e as centrais, pois esta levaría á desaparición paulatina dos centros de producións de ferroaliaxes de Cee e Dumbría. Nesa liña lembrou “as prácticas de “extorsión” da dirección da multinacional no seu anterior intento de venda no que pretendía segregar a explotación hidroeléctrica da industrial, -pese a ser ilegal-, ao que se suma un ERE unicamente para castigar Galiza mentres premiaba fábricas doutros territorios”.

Valorou tamén como sorprendente que “a empresa, pese a ter decida a venda, manteña o recurso presentado contra a resolución de Augas de Galiza contraria á segregación das centrais, e tamén a operación de escisión da fábrica de Sabón do resto da unidade industrial, que non ten unanimidade no cadro de persoal”.

Este contexto “fai pensar que estamos diante dunha operación de venda fraudulenta, a través dunha axenda oculta que inclúe segregar as ferroaleacións das centrais hidroeléctricas pola porta de atrás”. Asegura que “a segregación oculta sería un pelotazo para o señor Villar Mir e a sentenza da morte para esta industria no país”, por iso o BNG demanda ao Goberno galego para que leve a cabo as actuación necesarias “para impedir calquera venda fraudulenta” que poña en risco as condicións de explotación do saltos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios