Imprimir

ESMU Carnota: ”Non pretendemos crear músicos profesionais ou clásicos. Queremos quen e aprendan o que eles queiran”

que pasa na costa | 26 de setembro de 2019

Alumnado da Esmu de Carnota o ano pasado con Castor
Alumnado da Esmu de Carnota o ano pasado con Castor

A piques de comezar o novo curso na vangardista Escola de Música de Carnota. Co prazo de inscrición xa pechado, xa son 167 as matrículas dos [email protected] que gozarán este curso das clases maxistrais dos 5 mestres. Este ano contan cunhanovidade, xa que Pilar, a ata o curso pasado profe de canto e Linguaxe Musical, tivo que marchar este ano. Incrpórase ao equipo Gemma Román, cantante soprano profesional, natural de Tomelloso pero veciña de Cee dende hai varios anos. Impartirá canto, Linguaxe Musical, Música e Movemento, Coro infantil e Orquestra Orff.

Gemma nova profe da Esmu de CarnotaGemma Roldán

Xunto a ela seguen Castor Montes (Profe de guitarra, baixo elécttico e combos), Carlos González (Profe de batería e percusión e combos), Ramón Domínguez (Gaita, pandeireta e vento madeira, e leva tamén a Coral Polifónica da ESMU), e a directora e mestra de linguaxe musica e pianos, Alianza Uhía.

”A nosa filosofía segue sendo a mesma, ser unha familia musical e ofertar ao alumnado unhas clases amenas, que disfruten aprendendo e que gocen coa música como algo lúdico e educacional, sendo conscientes de que a música é importantísima para a formación intelectual e completa da persoa”, explícanos a directora.

”Non pretendemos crear músicos profesionais ou clásicos (para eso xa están os conservatorios e demais centros de altos estudios musicais). Nós queremos que toquen e aprendan o que eles queiran, o que demande, pop, tradicional, blues, folk, rock, soul, jazz, clásico, reggea, etc dentro das nosas posibilidades”.

As clases comezan o martes 01 de outubro no edificio SocioCultural do Viso, e a reunión de país/nais/alumnado para horarios e demáis información será o luns 30 de setmebro no salón de actos do concello ás 19:30h.

Alumnado do ESmu de Carnota coa directora Alianza Uhia
Alumnado do ESmu de Carnota coa directora Alianza Uhia

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/esmu-carnota-non-pretendemos-crear-musicos-profesionais-clasicos-queremos-quen-aprendan-queiran/20190923135818113257.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA