Venres. 19.04.2024
El tiempo

Esperta do teu sono Fogar de Breogán

Esperta do teu sono Fogar de Breogán

Aínda se ve entre a cinsa as brasas acesas coa maxia imperecedeira alentada dende o máis novo xantar ao máis vello lugar. A pesar da mestura cultural, social e xenética, os lugares e os seus xantares continuan a marcar aos seres coa denominación de orixe.

Tempo hai no que o pobo galego baixou a cabeza admitindo o xugo no seu colo e convertíndose voluntariamente en gando social. Tempo hai no que tiramos do arado ao son do látigo encomendándonos á labor sen levantar máis protesta que unha mirada nostálxica, sen permitirnos máis felicidade que a de comer na corte.

No medo herdado ainda soa máis razoable toda voz que non sexa da terra, sembra máis certeira toda idea importada, límpase con devoción o traxe do estranxeiro e deféndese con fanatismo toda frase da imaxinaria nobreza. Papeis de cores azuis e leis vermellas que tan pronto acerquemos a lareira do Fogar esvaeceranse perante a imperecedeira Terra.

A pesar do medo e o odio herdado do sufrimento ao que someteron as xeracións precedentes, os sentimentos ancestrais vinculados a esta terra, que cría diferente á mirada, continuan vivos, quizais máis que nunca. Agora comezamos a ver o monte, ainda que sexa dende a porta do cortello, a liberdade na paisaxe e os sonos na alma devolven a fortaleza a quen a paus a moral quitaron.

É tempo de saír da granxa e facernos donos da nosa terra, é tempo de pastar en liberdade polos montes e campos de pracido luar. É tempo de unirnos e diseñar o mundo no que queremos vivir, un mundo onde tan precisa é a natureza como a saúde, pois en nada se poden desvincular da sangue que alimenta a vida de cada un. Un galego debe ser consciente de que sen a terra forte e san non entendería por que ter que levantarse mañá.

Meu avó nunca quiso subir aos autobuses que traportaban xente a outras igrexas, eu tentei convencelo de que acompañara a avoa e sairan a ver cousas novas, mais tanto me gustou a súa primeira resposta que moito disfrutei dos revoltos de patacas con ovos. “Aquí teño rios, ría, mar, montañas,… qué mais vou ver por ahí?”Palabra de Val.

Montes abandoados ás sementes franquistas, cultivos e gando sometidos a excravitude capitalista, leis e dereitos con mango e fio. E tempo de despertar, de sementar a nosa terra e devolverlle a súa esencia, de traballar os montes, os campos e a gandeiría baixo o eixo cooperativista dun pobo con denominación de orixe, e tempo de escribir as nosas leis e escribir os nosos dereitos nas lareiras do fogar, baixo a luz do raio transparente emerxendo dunha arraigada, profunda e compartida maxia que non se perde por moitas cadeas que sexan impostas. Por moi lonxe que se deba fuxir sempre atoparemos unha alma da terra que nos desperte á galega, invariable, inviolable e soamente sometida baixo a tristura da impotencia.

Chaman á porta fillos de Breogán, abrídelle aos tempos que claman por un levantamento coa unión que nunca a alma olvidou. Cumprido fin terán as encarcelacións atemporais das almas onde a oportunidade de corpo presente tolea entre barrotes dunha realidade que non ha de voltarse a repetir. Cumprido fin terán as mágoas e tristuras coas que nos fustigamos, o mal que nos regalamos na doente herdanza do xugo victimista polo que o silencio nos asenta ata a morte no rincón de cada cociña.

Non ten senso as disputas entre nós cando a alma galega e acoitelada, non ten senso sermos as bestas do arado dos demos, non ten senso adorar a parte por encima do todo. A nosa voz non debe soar estranxeira, a nosa voz debe pregar a rendenzón da boa nazón de Breogán.

Esperta do teu sono.

  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información

contraminate

Contramínate

Outros artigos de Xabier García en Rollin polas dunas

Fonte

Comentarios