Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:17
18/07/08

Estamos concentrados

Estamos concentrados
As verdades como puños de José Luis Louzán

As veces me cuestiono para que se organizan determinadas actividades. Me pasaba esta fin de semana pasada coa Concentración de Motos que tiña lugar en Cee. Un evento “lamar” de espectacular o parecer, aínda que eu non vexa esa espectacularidade por parte algunha. Un deses eventos “para atraer o turismo” aínda que un servidor non considere necesario determinada clase de turismo por inviable economicamente e pouco preciso.

Pero as veces me paro a pensar e me dou conta de que o problema non son os ruídos, os perigos e o gasto innecesario que eventos de este tipo conlevan, senón no perigoso e desconcertante de que as autoridades municipais acepten e incluso jaleen este tipo de iniciativas. Porque o perigoso de todo isto é que dentro desa casa verde que nos mal goberna a todos en Cee alguén pensou que isto estaba ben, que era necesario celebralo en Cee e que podería incluso resultar, tal vez, rendible para parte do comercio da vila. Ostras, iso si que da medo.

Oubo alguén que considerou que un grupo nutrido de homes de entre 25 e 40 anos montados a lomos de maquinas de matar de 100 e mais cabalos de potencia e de mais de 600 CC de cilindrada, seria “positivo” para a vila de Cee. Non pensaron no gasto, no custo en cartos e medios, non pensaron no cheiro a goma queimada, no enorme estrondo, no sinxelo de que se produza un accidente en eventos destas características. No. Non pensaron, basicamente, en nada. Si, alguén tivo a idea, propusolla o concello, e ala, adiante, o paquete completo. Xornada, convivencia, aloxamento e cea común. Tres empresarios gañaron co evento, os trescentos restantes a mirar a exhibición no Recheo.

Cando un concello comeza a levarse como si se tratase da casa dun mesmo pasan estas cousas. E o mellor aínda que a min me gusten as corridas de touros e non perdera encerro algún do San Fermín, si chego a alcalde, non estaría nada ben que organizase un na miña vila e despois feira taurina con cartel de campanillas e seis touros seis do ferro dos Vitorino. Porque o mellor so a min e os que me “jalean” diga o que diga, lles gustan as motos, o ruído, o cheiro e os perigos inherentes.

Claro, sei que a outra opción son eventos repetidos ano tras ano ata a saciedade, saian ben ou non, pero o mellor una consulta popular, algo de enxeño, un pisco de sentido común e realismo e un pouquiño menos de ombliguismo e falta de sentido do ridículo virían estupendamente para evitar que cada vez Cee se pareza mais o que ningún queremos que se pareza no principal, a saber, a esas vilas lamentables con ínfulas de Cidade que non chegan a aldea.

Somos tan guays que non chegamos a chachis vamos. Non sei si me entenden.

  • José Luis Louzán.

Comentarios