Venres. 29.03.2024
El tiempo

Esteban Blanco (Arume): “Cando perdes a interese por aprender, morres un pouquiño”

Esteban Blanco de Arume-Caion-Laracha
Esteban Blanco, da Asociación Cultural Arume
Esteban Blanco (Arume): “Cando perdes a interese por aprender, morres un pouquiño”

Esteban Blanco é director e mestre da Asociación Cultural Arume de Caión. Unha das entidades que máis coida a cultura tradicional, e moitas máis cousas, na comarca de Bergantiños. Falamos con el para coñecer un pouco máis desta asociación que leva o baile e a música máis aló do mar.

 
  • Ana Gil Rey: Como nace Arume?

Arume é unha asociación cultural que naceu a comezos dos 2000. Empezou como agrupación coral, é decir, como un grupo de coro para nenos no que se practicaba guitarra e canto. Os nenos ían e cantaban na igrexa, en certames, nas festas do pobo… Ademais era unha asociación na que tamén había unha actividade de teatro, pois había unha pequena compañía modesta no pobo, na que participaban os pais dos nenos. Logo a asociación foi medrando e propúxose introducir un apartado tradicional, actividades como baile tradicional, pandereita, gaita… Posteriormente tamén se foron engadindo pouco a pouco percusión e incluso acordeón e así ata chegar a todas as actividades que temos na actualidade. Comezamos de forma moi modesta e a día de hoxe hai case 100 persoas acudindo a clases. Ademais estamos por enriba dos 200 socios, sinal de que algo bo faremos cando imos indo para arriba (Risas).

 
  • Ana Gil Rey: Cal era a vocación desta asociación?

Arume nace cunha vocación de dinamizar o pobo, vocación que a día de hoxe mantemos. As persoas que levamos a asociación somos xente que nos criamos en asociación culturais, que houbo en Caión noutros tempos, e cremos na formación das persoas no seo das asociación culturais . Dentro dun mundo cada vez máis individualista e máis centrados no unipersoal apostamos por ir contra corrente e crer no plural. Cremos en potenciar valores familiares, de altruismo, de sacrificio, de esforzo, nun ambiente san. Seguimos apostando por vivir en grupo, tendo como nexo a cultura, o que chamamos como o noso.

 
  • Ana Gil Rey: Que actividades se ofrecen?

Actualmente ofrécense actividades como acordeón, pandereita, canto, baile tradicional, baile latino a distintos niveis. Actualmente contamos con iniciación e perfeccionamento. A nosa idea é máis adiante desdobrar os grupos é que os alumnos poidan aproveitar ao máximo as clases, estén cómodos e poidan recibir a mellor formación e o máis dirixida posible.

 Familia da Asociacion Cultural Arume de Caion
Familia do grupo tradicional da Asociación Cultural Arume de Caión
  • Ana Gil Rey: Que lle dirías á xente maior que lle da vergoña ir ás clases?

Diríalles que están nunha idade maravillosa para vir a clase, nunha idade para perder a vergoña e deixala quedar na casa. Son actividades que rexuvenecen, animan, son grupos mixtos e a xente que ten menor idade tira dos maiores, que rexuvenecen. Son xente constante e iso agradéceo moito a asociación, para os compañeiros e a asociación en concreto, é vital, e se poden vivila de man de fillos, netos, sobriños etc. Xa sería estupendo.

 
  • Ana Gil Rey: Como ves as xeracións que veñen?

Confío moito na xente que vén, creo que están perdidos como estivemos nós no seu momento, con pelexas internas, perdidos. O futuro está na xente nova. O que queremos na asociación é facer canteira. Estamos hoxe pero nun futuro en segundo plano. Confiamos enque se empapen, lle gusten o vivan e o leven nun futuro. Gustaríame que isto non acabe, é moi difícil tirar da asociacions é complicado en especial no ámbito económico etc. Nun mundo onde parece que o máis importa son os likes das fotos imos contra vento é marea. Non é incompatible ser influencer e crecer en xuntanzas, correntes que suman etc. Queremos crer que o van seguir transmitindo, A cultura hai que movela, dinamizala; hai que ir as fontes beber dela, empaparse e amosala, é a maneira de que perdure e que siga.

 
  • Ana Gil Rey: Cando nace o teu interés empezas no mundo da música?

A min como todos os que nacimos a finais dos 70/80 apuntoume miña nai. Fútbol non me gustaba e apuntoume a baile. Dábaseme ben, pero claro, non me gustaba nada o horario dos ensaios. Non é que non me apetecera a actividade o que me costaba era a rutina de ir alí, collía perrenchas e dicía que non quería saír da casa. Cando lle pedín deixalo, miña nai non me fixo caso e continuou levándome igual e iso agradézollo moito. Agradézolle que se dese conta do ben que me facía. Despois por tema de estudos tiven que deixalo, pero tan pronto puiden volvín. A música chegoume a posteriori. Apréndese sempre, é o bonito da vida. Creo que cando perdes o interese por aprender, morres un pouquiño. Eu teño ganas de aprender de todo e todos cada día que me levanto. Sigo sendo alumno, en Xacarandaina por exemplo.

 
  • Ana Gil Rey: Como é a experiencia de participar en certames e xuntanzas?

Moi boa. A xente apúntase para actuar e que se vexa o que fai. Ao principio veñen motivados por facerse a foto pero a medida que avanzan as clases a xente vaise alonxando desa superficialidade. É moi bonito ver ás familias emocionarse. Estou moi orgulloso da xente de Arume, estanse convertendo en embaixadores de cultura.

 
  • Ana Gil Rey: Cal é a forma de manter viva unha tradición?

A maneira de manter viva unha tradición é participar dela, creala, vivila, perpetuala, disfrutala, facela chegar a xente. Como a lingua, é a única forma de perpetuala, que cheguen a máis xente que repita ese patrón.

Outros datos

  • Hobbies: Tenis, paddel, fotografía e pasar tempo coas miñas fillas.
  • Referentes: Enrique Peón, o mestre con maiúsculas.
  • Canción/Grupo que non te cansarías de escoitar: Berrogueto, Mercedes Peón, Guadi Galego.
  • Frase ou filosofía de vida: Son máis rico que calquera home con moreas de cartos.
  • Comida á que non lle dis que non: Tortilla de pataca.
 

Comentarios