Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A estrada de Quenxe ata o faro de Cee terá unha senda peonil

Rua do Cabo Cee de Corcubion
A estrada de Quenxe ata o faro de Cee terá unha senda peonil

Aprobado quedou, na Comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña o proxecto de ampliación, mellora de trazado e construción dunha senda peonil na DP 2801 de Corcubión a San Roque por Redonda. Un proxecto que será refrendado no pleno do 29 de marzo e que permitirá seguir facendo realidade o proxecto da Senda dos Faros, pendente da obtención de fondos da UE.

Deste xeiro, permitirá a creación dun itinerario peonil/ciclista que bordearía toda a península de Corcubión, pasando polo faro de Cee, que leva en funcionamento dende 1860.

O proxecto ten un investimento de 1,1 millóns de euros, dos que 1.077.304,32 € corresponden ás obras e 66.335 € ás expropiacións necesarias para a execución das mesmas.

Os traballos comprenderán a ampliación da estrada ata os 7 metros de ancho (dous carrís de 3,5 metros), con arcén de medio metro e e unha senda peonil de 2 metros de ancho pola marxe esquerda da calzada, que discurrirá dende o punto quilométrico 0+780 (Quenxe) ao 2+554 bordeando a ría e prolongarase despois polo ramal que conduce ata o faro, pasando polo campo de fútbol. O ramal disporá dunha plataforma de 6 metros e senda de 2 metros de ancho, e mellorará a seguridade peonil en puntos concretos, como a Coviña, unha zona moi transitada polos veciños.

Cabo Cee de Corcubion vista aerea

 

 

Comentarios