Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A estrada de Tufións tamén contará con sendas peonís

Captura da estrada actual por Tufions
Captura da estrada actualmente ao seu paso por Tufións
A estrada de Tufións tamén contará con sendas peonís

Se a estrada en Caxadas e Baíñas terá unha pequena senda peonil, a de Tufións non será menos. O Concello de Vimianzo vén de licitar, a través da Deputación e por case 500.000 euros, o proxecto da sendas na DP-1603 ao seu paso por Tufións, na parroquia de Cereixo.

As obras realizaranse entre os puntos quilométricos 2+850 e 3+480 de sendas peonís a ambas marxes, actuando tamén no firme da estrada, ademais de para a súa adaptación, renovando o seu acabado mediante aglomerado. Tamén se pretende canalizar o alumeado e dotar a este tramo de nova iluminación, así como da canalización de instalación de pluviais.

Comentarios