Mércores. 24.04.2024
El tiempo

#EuFaloGalego: As Letras Galegas celébranse nas redes

Eufalogalego
#EuFaloGalego: As Letras Galegas celébranse nas redes

Xa sabedes que a Real Academia Galega trasladou o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro. En todo caso, a celebración do 17 de maio terá que ser virtual. E para iso, a comunidade Orgullo Galego, lanza unha pequena iniciativa para converter en tendencia mundial o cancelo #EuFaloGalego.

A proposta consiste en chiar o domingo 17 de maio ás 12:00, en Twitter co cancelo #EuFaloGalego até conseguir facelo tendencia mundial. Un xeito de visibilizar a nosa lingua nas redes, especialmente entre a mocidade, ao tempo que mantemos a reivindicación, “xa que a situación que vive o galego non é precisamente motivo de festexo”.

A convocatoria combina “celebración e reivindicación, xa que contamos cunha lingua viva e celebrámolo mais tamén somos conscientes da situación na que se atopa, atacada e discriminada en moitos ámbitos da vida, mesmo cun goberno da Xunta que converteu o galego nunha lingua residual no sistema educativo”.

Tamén apoian as propostas da plataforma Queremos Galego, e compartir cos cancelos #QueremosGalego ou #PrecisamosDoGalego.

Novas relacionadas

Comentarios