Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Evaristo Lareo implicado nunha trama de corrupción en Caión que afectou á desaparición do campo de fútbol

Evaristo Lareo implicado nunha trama de corrupción en Caión que afectou á desaparición do campo de fútbol
A problemática situación urbanística da vila de Caión segue xerando polémica. Varias urbanizacións e a desaparición do campo de fútbol da Insua, que obriga ao clube caionés a desprazarse para xogar na Pedra Santa de Paiosaco, volven á actualidade. E volven unha vez que o Tribunal de Contas abriu dilixencias preliminares contra Evaristo Lareo Viñas e outros implicados tanto na historia do campo como nuns dubidosos repartos das axudas do Prestige. Axudas que poderían ascender a 80 millóns de euros e que deberían ter ido destinadas a 30.000 familias do sector do mar galego. O caionés Evaristo Lareo, durante moitos anos Patrón Maior da Confraría, Presidente da Federación Galega de Confrarías, Presidente da Fegacope, Excomisión dos voluntarios do Prestige, Presidente do GAC Costa da Morte – 3, terá que explicar “onde van as multimillonarias axudas dos voluntarios do Prestige e os millóns do Campo da Insua en Caión, A Laracha, A Coruña entre outras irregularidades”. Aseguran que patrón “está implicado como principal procesado no intento de urbanizar máis de 10.000 metros de terreo público en pleno centro da Vila Mariñeira de Caión co fin de orquestrar a venda de vivendas de luxo”.

Críticas dende Caión

A denuncia que nos chega á redacción chega da man de Miguel Delgado. Curiosamente a denuncia inclúe a petición do voto directamente para o PSOE, sen máis dilacións, pero tamén inclúe datos importantes. Delgado asegura que estas “tramas salpican ao Alcalde de Laracha e algúns dos presidentes provinciais das federacións de pescadores, todos eles cércanos as filas do PPdeG a través de Rosa Quintana” e denuncian que estes puntos do Campo da Insua, Axudas dos voluntarios do Prestige, Grupo de Acción Costeira3 (GAC3), “semellan ser tan so a punta do iceberg dunha trama especializada en recadar fondos públicos de todo tipo, con raíces dentro do consentimento da titular do Mar, Rosa Quintana do PP e que parece non ter fin”.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Miguel Delgaldo.

Comentarios