Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Excarcelan o condutor dun turismo que bateu contra un camión estacionado en Camiños Chans

Accidente en Cee
Excarcelan o condutor dun turismo que bateu contra un camión estacionado en Camiños Chans

Eran ás 8:30h aproximadamente cando un turismo impactaba cun camión estacionado a altura de Camiños Chans, en Cee. O propio condutor, que quedara atrapado por unha perna, avisaba ao 12, que mobilizaba aos Bombeiros de Cee. De contado chegaban para liberar ao ferido e facilitar a atención por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O ferido foi evacuado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Os Bombeiros procederon á limpeza da vía, e restableceron o tráfico coa colaboración da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios