Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Exército de Panos ao completo recupera o verdadeiro Entruido de Mazaricos

Os Entruideiros de ARcos xuntaron a todo o Exercito dos Panos no Entruido de Mazaricos
Os Entruideiros de Arcos xuntaron a todo o Exercito dos Panos no Entruido de Mazaricos
O Exército de Panos ao completo recupera o verdadeiro Entruido de Mazaricos

Conseguiuno Mazaricos. En apenas 3 anos xa conseguiu sacar o Exército de Panos ao completo. Entruideiros de Arcos, con outros veciños da zona, conseguiron xuntar o éxército completo, formado por unhas 60 persoas entre as que formaron ademais o Coro dos Vellos e o Coro dos Cegos.

Tampouco faltaron os oficios asociados ao exército, como son o fotógrafo, o médico, o varreduiro, o rabechador, o cordeleiro, o sarralleiro, o afiador, ou o limpabotas, que armaron unha troula espectacular pola feira da Picota, durante o desfile organizado polo Concello, ante a gran expectativa xerada entre toda a veciñanza.

O varreduiro do Exercito dos Panos de Mazaricos
A Varreduiro

O alcalde non libro das fechorias dos Entruideiros de Arcos
O alcalde non libro das estramunías dos Entruideiros de Arcos

Un Entruideiro do EXercito dos Panos de Mazaricos

Recupera así Mazaricos parte da súa historia, unha vez que semella que a orixe destes desfiles militares está nas guerras napoleónicas de comezos do século XIX, aínda que superposta sobre as batallas de mouros e cristiáns de longa tradición. O exército dos panos relaciona o Entruido de Mazaricos con outros como os da zona da Ulla, nos que a parroquia afirmaba o seu carácter e a súa identidade colectiva e rural fronte ás freguesías dos arredores. En relación á “Guerra da Independencia”, en Mazaricos houbo un enfrontamento cos franceses na Batalla da Ponteolveira. Se reparamos no chapeu do Exército dos Panos atoparemos moitas semellanzas con aqueles gorros altos que empregaban os franceses.

Este sábado ataviados de branco, con botas de cana alta ou polainas, encinchados e con panos (en moitos casos de principios do século XX) nos ombreiros que cruzan o torso, desfilaron, orgullosos pola Picota. Pero o realmente identificativo do Exército dos panos son os vistosos tocado, feitos de cartón e adornados con plumas e pequenas xoias. Como manda a tradición, o abandeirado abre o camiño polas rúas, seguido polo xeneral, resgardado por unha parella de gardas civís e logo, o groso do exército. O Exército desfilou de xeito moi coordinado e frea para facerlle sitio aos bailadores, unha parella de mozos experimentados nos bailes tradicionais.

Máis desfiles

O domingo foi día de viaxe polas parroquias, e as familias de Colúns, Beba, Corzón… escacharon a rir coas estramunías dos entruideiros… como o alcalde, que tampouco safou na xornada sabatina.

Xa pensan na xornada do domingo 1 de marzo, durante a XXII Festa do Bolo do Pote.

Novas relacionadas

Comentarios