Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Experiencias de venda online de marisco da Costa da Morte

Experiencias de venda online de marisco da Costa da Morte
Vendendo marisco da Costa da Morte online

Facíamonos non hai uns días, a pregunta de se se pode vender marisco pola rede. E parece que a cousa non é tan sinxela como parece. E iso que temos o mellor produto practicamente do mundo, pero tamén hai que saber vendelo. I é que se aprendemos a saber o que comemos, imos valorar moito mellor o produto da zona.

Aproveitamos estas datas para dar conta dunhas cantas iniciativas que saltaron á rede. Pero parece que non van adiante moitas propostas que tiveron certa repercusión a nivel nacional, pero que non acaban de estoupar. Falamos de grandes marcas patrocinadas polo GAC, ou outros fondos europeos, que ao final non acaban de implantarse.

Dende a nosa experiencia na rede, consideramos que moitos destes proxectos non nacen dende a base e non se lles deixa o pouso necesario para que produzan. I é que na rede fai falta tempo, e estes proxectos que nacen subvencionados, e non arrincan no primeiro ano (e na rede triunfar en menos tempo é difícil), deixan de coidarse ao non ter máis fondos, esmorecendo e facendo que o investimento fose totalmente inútil.

Así e todo hai iniciativas que funcionan, e que envían gran parte do mellor marisco costeiro a Madrid, normalmente a través da Lonxa da Coruña a través de transportistas (un interlocutor máis…). Outra parte, tamén se exporta, pero sempre, segundo nos contan dende o sector, co teléfono na man para dar confianza ao cliente.

Falamos por exemplo cos responsables da web de venda online pescadosymariscoscostadamorte.es. Radicada na Costa da Morte, nace dun fillo con coñecementos en informática (creador tamén dun simpático xogo App para palataformas móbiles) e que convenciu á familia de que a rede é unha nova vída de venda. E vai funcionando, sobre todo polo Nadal, e como dicimos, con trato telefónico tamén cos clientes, aportando confianza.

A nivel galego unha das que máis factura é www.mariskito.com. Pero esperamos que saian adiante novas iniciativas, privadas e comprometidas, que nacen por aquí, como frescoydelmar.com, específico da ría de Muros e da Costa da Morte, con xentes procedentes da case finada Reserva Mariña dos Miñarzos. Mirade como o promocionan os bravos dos Fenómenos

Iniciativas esmorecidas

Lonja en la red nacía o pasado decembro como marca propia de polbo costeiro, involucrando ás confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son baixo a marca “Pulpo de lonja”. Pero segundo parece a web está paralizada e non hai movemento.

Loestamospescando nacía xa case que en Madrid polo nadal de 2011, e hoxendía comprobamos que xa non hai compra online, se non só a través de pedido telefónico ou correo.

O Rei do marisco na rede

Sobre os reis do marisco costeiro hai tamén varias iniciativas curiosas.

  • Percebe do Roncudo: comezaron unha fermosa iniciativa de venta de percebes en lata aló polo 2010, pero polo que xa non funciona. De feito, íase promocionar tamén a través da marca Los Peperetes, pero agora xa só venden percebes de Carril. Segundo o patrón de Corme: “o percebe en lata perde moito, e aquela idea de vender por internet non tivo aceptación e quedou en nada”.
  • Longueirón de Fisterra: curiosamente en mariscosfinisterre.com só se pode mercar "Navaja"… En todo caso, parece a web máis preparada para a venda de marisco costeiro.
  • Os Berberechos do Anllóns só se poden mercar por teléfono, no 670397893 a través da Agrupación de Mariscadoras "Río Anllóns”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios