Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Exposición en “Corme. Territorio Sobre Natural”

06/abr./2019
18:00 h
Museo de Arte Contemporáneo de Corme
Exposicion sobre COrme Natural
Exposición en “Corme. Territorio Sobre Natural”

 

Este sábado 6 de abril de 2019 ás 18:00h terá lugar a inauguración no Museo de Arte Contemporáneo de Corme da exposición “Corme. Territorio Sobre Natural”.

A exposición aborda os resultados do estudo realizado en Corme, promovido Concellaría de Patrimonio do Concello de Ponteceso, no ámbito territorial das parroquias de Nosa Señora dos Remedios (porto) e San Adrían de Corme, San Xián de Brantuas e San Xoán de Niñóns.

8 paneis conducirán aos asistentes pola historia cormelá, e pola a sonoridade dos nomes da beiramar de Corme (laxes, furnas, petóns, fontes, insuas, areais, regos, etc) situados sobre a fotografía satélite, para vogar polo mundo afora…

Unha exposición que “reanima” o pasado e pretende recuperar o poder dun legado sensible, comunitario, admirable pola súa resistencia e sentido da supervivencia. Desde Corme, conectando coa experiencia e o territorio que habitamos, para que sirva de inspiración e para continuar, atent@s á tradición, creando vangarda.

 

Exposicion sobre COrme Natural 2

Comentarios