Xoves. 28.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Exposición sobre emigración en Zas

23/maio/2019 a 16/xuño/2019
10:30 h a 21:30 h
Centro Sociocultural de Baio
exposicion emigracion zas
Exposición sobre emigración en Zas

Do 23 de maio ao 16 de xuño pode visitarse a exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes” no Centro Sociocultural de Baio. A mostra está composta por unha escolma de fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. As 40 fotografías que compoñen a mostra son en branco e negro e foron realizadas por distintos fotoxornalistas da Axencia EFE.

Inauguración

A mostra inaugurarase mañá, 23 maio, ás 10:30 horas, nun acto aberto a toda a veciñanza e no
que ademais realizarase unha visita guiada polas diferentes fotografías que compoñen a mostra. O Centro Sociocultural de Baio está aberto de martes a venres, en horario de 15:30 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 18:00 horas. A entrada é de balde.

 

Comentarios