Xoves. 25.04.2024
El tiempo

F8: Os 8 campións buscarán o pase á nova Liga Comarcal

Xa temos datas para a Liga Prebenxamín e a Fase de Clasificación á Liga Comarcal Alevín e Benxamín
Xallas A Campion de F8 de Alevin
O Xallas A foi un dos campións da primeira fase de Alevíns
F8: Os 8 campións buscarán o pase á nova Liga Comarcal

Esta pasada fin de semana remataba a primeira fase das Ligs de F8. 5 xornadas tan só para que 2 equipos Alevíns e outros 2 Benxamíns poidan entrar na Liga Comarcal, con outros equipos da Coruña e As mariñas.

Os Campións da primeira fase foron:

  • En Alevíns: Xallas, Dumbría, Xallas B e Outes B.
  • En Benxamíns: Xallas A, Camariñas, Outes e Cee.

Camarinas campion Benxamin de F8 tamen nas LCFS
O Camariñás foi un dos campións en Benxamíns de F8, e tamén participa  nas LCFS

Fase de Clasificación

Agora, competirán este domingo 17 de novembro a Fase de Clasificación para a Liga Comarcal nunga fase que se disputará no campo Cabo da Area.

Os dous gañadores dos dous choques entre os mellores de cada grupo pasarán á Liga Comarcal, que en principio comeza o vindeiro 24 de novembro.

Os enfrontamentos (non haberá prórroga e si unha tanda de 3 penaltis en caso de empate) son:

Fase Final Alevín:
- 11:00h: Os Miúdos B - Dumbría.
- 11:00h: Xallas A - Outes B.

Fase Final Benxamín:
- 12:00h: Xallas A - Cee
- 12:00: Camariñs - Outes.

Liga Prebenxamín

A Liga Prebenxamín terá calendario estes días, pero polo de pronto xa temos os dous Grupos e o comezo. Será unha liga a doble volta (14 xornadas) que comezará o 1 de decembro. A primeira fase rematará o 15 de marzo, e do 22 de marzo ao 3 de maio disputarase a Fase Final, en formato liguilla a doble volta entre os dous primeiros de cada grupo.
O resto de equipos farán un grupo ligueiro de Copa, en dous grupos, e os dous primeiros participarán, xunto cos 4 campións, a Fase de Campións na Final da Copa da Costa, que se disputará o dmingo 17 de maio.

Grupo Norte Grupo Sur
Sofán A Cee
Sofán B Os Miúdos
Laxe Carnota
Coristanco Dumbría
Cerqueda Outes
Vimianzo Esteirana
Camariñas Xallas
Zas Fisterra

Novas relacionadas

Comentarios