Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Falece afogado outro peregrino nas augas de Mar de Fóra

Imaxe do rescate dun corpo en Mar de Fóra en 2010
Falece afogado outro peregrino nas augas de Mar de Fóra

Volveu pasar. Outro peregrino botouse ao mar da fin de terra, e perdeu. Este pasado xoves, canda o solpor, un peregrino frances de 30 anos botouse á auga na Praia de Mar de Fóra. A forza do mar levouno e cando o as persoas que o acompañaban (que deran a alerta ao perdelo de vista), o recuperaron, xa era tarde.

Baixo a noite os dispositivos de emerxencia non puideron facer nada para salvarlle a vida. 

O propio teniente alcalde, Kuka Sar, explicou que o helicóptero tivo que esperar un rato sobrevoando Fisterra ata que chegase a autorización para levantar o cadáver e levalo a Coruña, porque a marea estaba subindo e non ía dar tempo a que o chegase o xuíz para o levantamento do cadáver.

Novas relacionadas

Comentarios