Venres. 19.04.2024
El tiempo

Falece un home de 72 anos baixo o seu tractor en Fadibón

IMG_20200626_153100
O suceso aconteceu en Fadibón, na parroquia de Brens
Falece un home de 72 anos baixo o seu tractor en Fadibón

Este maña de venres 26 de xuño, falecía un home atrapado baixo o seu tractor en Fadibón, Brens, Cee.

O home, de 72 anos, baixara a traballar unha leira preto da casa ás 9.00, e ás 14.00h, unha das súas netas, que ía chamalo para ir comer, atopábao debaixo do tractor.

Ao lugar acodían o 061, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e os Bombeiros, encargados de recuperar o corpo.

Comentarios