Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Falece unha muller atropelada en Bértoa

Zona onde foi o atropelo en Bertoa-Carballo
Zona onde foi o atropelo en Bértoa
Falece unha muller atropelada en Bértoa

Esta mañá, unha muller duns 50 anos, falecía tras ser atropelada na AC-552, na parroquia de Bértoa, Carballo. O accidente tivo lugar preto da zona do cruce cara Verdillo, onde a Galleguiña, nunha zona na que non había paso de peóns.

Ao lugar chegou de contado unha ambulancia do 061, e pronto o 112 enviaba á Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Carballo. Malia aos esforzos, o persoal sanitario apenas puido confirmar o seu falecemento.

Comentarios