Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Falece un home nas rochas de Fisterra

Falece un home nas rochas de Fisterra
Cantis de Castrominan-Foto-Modesto Garcia Quintans Zona dos Cantís de Castromiñán-Foto-Modesto Garcia Quintans

Nova traxedia no mar da Costa da Morte. Esta madrugada acontencía en Muxía unha morte no mar. E esta mañá as malas novas sacudían Fisterra.

Eran as 10:20 da mañá cando un home falecía ao caer ás pedras na zona de Castromiñán. Eran as 10:20h cando caía ao mar. Un compañeiro tirouse por el pero non puido collelo e volveu para terra. Cando chamou a Emerxencia xa era tarde e xa viu o corpo flotando a escasos metros das rochas.

Acodiron ao lugar Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas, Protección Civil e á Garda Civil. Finalmente, a lancha de Salvamento Don Inda recuperou o cadáver da persoa que trasladaron ata o Porto de Fisterra.

O rapaz, natural de Fisterra, cos pais de Castrexe, estaba de vacacións por traballaba en Barcelona.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios