Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha falsa alarma no mar de Camariñas provoca a mobilización de medios de Salvamento

A SALVAMAR ALTAIR CON BASE en Camarinas-Foto-Agustin Longueira
A Salvamar Altair, con base en Camariñas, mobilizouse por unha suposta falsa alarma-Foto-Agustin Longueira
Unha falsa alarma no mar de Camariñas provoca a mobilización de medios de Salvamento

Pasadas as 22:30h da noite, un veciño de Camariñas albiscaba unha vengala no mar, preto da zona da Virxe do Monte. Pronto chamaba ao 112 e se achegaba á zona da praia do Lago para ver de preto se había algún problema.

Dende o 112 mobilizaron á lancha de Salvamento Altair, que ten base en Camariñas, mentres en Santiago esperaba novidades para despegar o helicóptero Helimer 402.

Nin o alertante, que primeiro subíu ao monte da Vela e despois baixou ata a zona do Castelo do Soberano, nin a Altair, nin Protección Civil, que rastrexaron toda a zona dende o porto camariñán ata o Cabo Vilán, viron nada estrano, máis que as pequenas embarcacións que andaban ao camarón, volvendo a terra sen problema algún.

Novas semellantes

Comentarios