Imprimir

”É totalmente falso que Euro Battery poida explotar níquel, cobre e cobalto na Braña de Castriz”

Redacción | 14 de outubro de 2020

As Brañas de Castriz son un espazo de gran riqueza ambiental
As Brañas de Castriz son un espazo de gran riqueza ambiental
É TOTALMENTE FALSO QUE EURO BATTERY AB POIDA EXPLOTAR NÍQUEL, COBRE E COBALTO NA BRAÑA DA SERRA EN CASTRIZ

Rotundo, como xa estivo no seu día coa invasión eólica, amósase o alcalde de Santa Comba, David Barbeira, ante a nova ameaza das exploracións mineiras na zona de Castriz. Hai 15 días que tanto o Concello como varias Asociacións preguntaban sobre a legalidade das catas mineiras do “proxecto Corcel” en Castriz. Esta fin de semana a compañía sueca Euro Battery Minerals AB afirmaba que “podía iniciar con carácter inmediato a actividade mineira en Castriz”.
E hoxe, despois de manter unha Xefe Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Innovación, Isidoro Martínez Arca, o alcalde asegura que “é totalmente falso que a empresa Eurobattery AB poida explotar níquel, cobalto e Cobre na Braña da Serra de Castriz”.
Unha zona, ademais, de gran riqueza ambiental, para a que as asociacións da zona piden unha calificación de protección.

O alcalde solicitou un exhaustivo informe á Xunta ante “a crecente inquedanza dos veciños da zona”, pois o Concello “non ten ningún tipo de constancia oficial de solicitudes de permisos de investigación sobre este tipo de minerais nos espazos que difunde a compañía sueca”.

“Desde o Concello de Santa queremos salientar que non se ten recibido nin rexistrado ningunha solicitude por parte desta compañía, nin para investigar, nin moito menos para explotar nada, en Castriz nin en ningún outro territorio xalleiro; polo que solicitamos axuda á Xunta de Galicia para que aclare, e de ser o caso, nos respalde para evitar ilegalidades en procesos mineiros que poidan carecer de permisos e perxudiquen á poboación e territorio xalleiro, e tamén a iniciativas do mesmo ámbito pero que estean dentro da legalidade vixente, e que conten con todo tipo de permisos”, explica Barbeira.

Xustifican as falsas ameazas de comezar a explotación para “vender” a potenciais inversores un produto en forma de investigacións e explotación.

O responsable da Xunta, Martínez Arca ofreceuse a colaborar, documentar e amparar por escrito ao Concello de Santa Comba para poder actuar contra este “Proxecto Corcel”, que ademais pode perxudicar a realidade de proxectos serios de minería sostible que se están a levar a cabo en Galicia, e dos que hai claros exemplos en comarcas próximas á Terra do Xallas.

De feito, o Concello ten interese en loitar contra estas prácticas ocultistas, pois leva tempo intentando explicar que si hai outros proxectos, sostibles e transparentes, na comarca, como a volta á busca do wolfram na mina de Varilongo, dende a ampliación de capital de Galicia Tin & Tungsten, S.L, a través da multinacional australiana Rafaela Resources.

De feito, o Concello quere ratificar o “potencial xeolóxico e mineral milenario destas terras”,e confirma que apoiará actuacións trasparentes e sostibles que convivan coa realidade social e natural de Galicia.

NOVAS SOBRE A MINARÍA

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/santa-comba/falso-euro-battery-mina-castriz/20201014152411122561.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia