Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A familia Irmandiña xa izou o pendón do Asalto xa ten izado o seu pendón

A familia Irmandiña xa izou o pendón do Asalto xa ten izado o seu pendón

Aí vai. O Asalto Irmandiño está en marcha. A cativada vimiancesa, da Escola Municipal Os Vimianciños e do campamento do Furancho Deportivo, e ca axuda dos artesáns que traballan a diario no Castelo de Vimianzo, ea alcaldesa Mónica Rodríguez, protagonizaron o izado do pendón dos Moscoso na torre de homenaxe da fortaleza vimiancesa.

Todo, como bandeirazo de saída a un completo programa do XXIV Asalto ao Castelo.

As actividades darán comezo esta mesma semana ca xa tradicional Legua Irmandiña, que acada este ano a súa quinta edición, e proseguirán ca degustación dos Pinchos Irmandiños, entre o día 2 e o 6 de xullo.

No medio da vindeira semana, a representación teatral rememorará, o día 3 pola noite, os tempos dos Moscoso e das Guerras Irmandiñas na Casa da Cultura.

O venres 5 e o sábado 6 concentraranse o groso das actividades que combinan, dende o Asalto ao Castelo -e o Asaltiño, na súa versión para pequenas e pequenos- ata os concertos, a cea medieval, a feira artesanal e múltiples actividades para toda a familia.

Por último, o domingo 7 de xullo, o grupo de teatro Os Quinquilláns realizarán dous pases das súas representacións no propio castelo, ás 13 e ás 17 horas.

Cartel _ASALTO_Castelo-Vimianzo-2019

Comentarios