Sábado. 20.04.2024
El tiempo

RECORTES

Ás familias de Dumbría e Muxía tócalles levar aos fillos a Fisterra

Casa do Mar-Centro de Saude de Fisterra
Imaxe do ¡Centro de Saúde de Fisterra
Ás familias de Dumbría e Muxía tócalles levar aos fillos a Fisterra

Ir de de Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra xa é toda unha película. Pero ter que ir ata Fisterra, parece de broma. Esta semana, as familias de Dumbría e Muxía (que comparten profesional) atópanse sen cobertura sanitaria a menos de 20 km.

O profesional dos centros (que está martes e xoves en Dumbría e o resto dos días en Muxía), pediu uns días libres por motivos laborais. A resposta da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña, no canto de reemprazalo, derivan ás familias ao Centro de Saúde de Cee. Pero atópanse con que a profesional do Centro de Saúde da vila da Xunqueira xa duplica o ratio de pacientes (está tratando máis de 1.300 nen@s cando o ratio habitual soe ser de 800) e está batendo marcas, atendendo ata 40-45 nen@s ao día, porque todo se xunta cun pico de gripe. Como é posible tratar coa debida atención tantas criaturas, e dedicarlle un mínimo de 8 minutos a cada un?

Con esta situación, a Xerencia decide derivar ás familias ao Centro de Saúde (na Casa do Mar) de Fisterra, algo menos saturado. Un Centro que aínda así sofre as baixas dos profesionais, porque tampouco mandan substituto e moitas veces os pacientes teñen que acodir por urxencias para pedir unhas receitas.

”Para a próxima mandaranos A Coruña! Increíble e intolerable!”

Son as palabras de Sonia Santabaya, unha das nais que está mobilizando á veciñanza dumbriesa ante a terrible situación do servizo público de saíde. “Xa a nosa situación habitual é preocupante. Porque tendo o pediatra só dous días a semana, é moi complicado. Como lle dis ti á nena que só se pode poñer enferma os martes antes das 12-13:00, porque se tes que ir a Muxía… Que fas se non tes coche, por exemplo? Deixas á nena con 40º de fiebre?”, explica con rotunda claridade, unha situación que calquera familia sofre só con pensalo.

Pero aínda por riba fannos ir ata Fisterra. Para a próxima mandaranos A Coruña! Increíble e intolerable!” lamenta.

A eterna falta de pediatras

Aínda esta pasada semana o grupo parlamentario do PP aludiu, na súa reunión coa Plataforma Zas en recortes en Pediatría, unicamente á falta de pediatras como excusa para estes problemas no servizo de saúde pública. ”É certo que non saen moitos pediatras cada ano, sabémolo, pero terás que ter pensado nas necesidades da túa sociedade, non? Terás que potenciar que se estudie esta especialidade, non?”, pregúntase Santabaya.

Un tema moi ligado ás condicións laborais do SERGAS. Estanse medidas de aforro cos profesionais absolutamente indignas. Contratos de substitución pero que se fan de luns a venres, e fin de semana ao paro. Contratos de guardias por horas. “Dis que queres que veñan profesionais ás zonas rurais e lles ofreces estes contratos de merda? Así é imposible”, lamenta.

Reunión da Coorodinadora de Zas

Continúa a coordinadora Zas sen recortes en pediatría en marcha, e para manter mobilizada á veciñanza, convoca unha reunión informativa para este venres día 8 de febreiro ás 21:00 no auditorio de Zas.

Espera que se achegue todo o mundo, porque o que non ten fillos agora pode telos nun futuro, ou pode ter familiares afectados. A xente de Dumbría e Muxía van intentar achegarse para unir forzas.

Reunion Pediatra Zas

Novas relacionadas

Comentarios