Martes. 23.04.2024
El tiempo

As familias de Muxía poderán optar a axudas para adquisición de material escolar

As familias de Muxía poderán optar a axudas para adquisición de material escolar
O Concello de Muxía abre o prazo para solicitar as bolsas de carácter económico para a adquisición de material escolar para familias do municipio. A administración local contempla esta partida dentro do Plan de Reactivación Económica e Social da COVID-19, para paliar os efectos negativos da crise sanitaria provocada por esta enfermidade.

A idea do Concello é "promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e colaborar coas familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos menores de idade", comentou Toba. Así, "o comercio local implicouse moito con nós para impulsar estas bolsas, e desde o Concello agradecemos a súa iniciativa".

O prazo de presentación rematará o 20 de xullo, e as bases poden consultarse no enderezo web do Concello.

Comentarios