Imprimir

Feijóo chegou a Camariñas ao son do berros das familias afectadas polos recortes en pediatría

que pasa na costa | 22 de febreiro de 2019

Familais de Zas e Muxia recibiron a Feijoo en protesta cos recortes en Pediatria
Familais de Zas e Muxia recibiron a Feijoo en protesta cos recortes en Pediatria

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitaba onte Camariñas para un acto de partido. Pero as que quixeron recibilo con “agarimo” foron as familias afectadas polos continuos recortes no servizo de pediatría da zonas. Unhas 30 persoas, a maioría de Camariñas, pero tamén de Zas e Muxía, achegáronse para berrarlle con forza aqueles lemas: “Que queremos para o rural. Un pediatra nada máis” e “Feijóo escoita, a Costa da Morte está en loita”.

Feijóo, nin tampouco o voceiro do PP local, David Gómez, quixeron parar para falar cas familias, pero escoitar, si que escoitaron os nosos berros", explica Vanessa Camafreita, da Coordinadora "Zas sen recortes en pediatría".

Para o que si tiveron tempo é para dar unha volta polos bares de Baio e Zas. Ata alí tamén se achegaron catro ou cinco nais da Coordinadora, que ficaron sorprendidas ao seren escoltadas por ata 3 policías autonómicos… "Non nos deixaron pasear polo noso concello... estiveron custodiándonos coma se fosemos delincuentes", lamentan desde a coordinadora zaseira.

Pleno

Hoxe volverán ter actividade as bravas familias de Zas, pois teñen un completo pleno que tratará varios temas en materia de sanidade que buscará o apoio unánime para seguir facendo accións para recuperar as 35 horas de servizo de pediatría no concello zaseiro.

Todas as novas sobre os recortes no pediatra

Máis novas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/feijoo-chegou-camarinas-ao-son-do-berros-das-familias-afectadas-polos-recortes-pediatria/20190222112356106961.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA