Venres. 29.03.2024
El tiempo

Félix Porto xa ten relevo oficial

Félix Porto xa ten relevo oficial
Iago Toba entre Sandra Insua e Manuel Antelo Iago Toba xa fai representa a Muxía en actos como a Clausura do PIE 2017, ao que acodiu co alcaldesa de Camariñas Sandra Insua e o rexedor vimiancés Manuel Antelo

A visita do presidente provincial Valentín González Formoso co gallo das riadas serviu para coñecer unhas das incógnitas que se mantiñan en Muxía de cara ás eleccións municipais de maio de 2019. Será Iago Toba, actual concelleiro de Deportes, o novo candidato á alcaldía do PSOE de Muxía. Toba relevará a Félix Porto, que despois de gañar 3 eleccións e estar 12 anos no goberno, tomou decisión de apartarse.

En fronte terá a Sandra Vilela, voceira do PP que xa comezou unha crúa campaña, e probablemente a Carlos Fernández Concheiro, edil nacionalista que por agora mantén un perfil máis calado.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-muxia-refundase-arredor-de-sandra-vilela-para-recuperar-a-alcaldia/

Comentarios