Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Fernando Blanco segue exercendo de mecenas a base de becas

Fernando Blanco segue exercendo de mecenas a base de becas
Becarios-de-Fernando-Blanco-para-este-curso-2013-2014 Gran iniciativa esta das becas a artellada polo I.E.S. Fernando Blanco e a Fundación Fernando Blanco de Lema, que continúan a levar a cabo a labor de mecenazgo do seu mentor. Así, este sábado 7 de setembro, no salón de actos do instituto, celebrouse a cerimonia de entrega das becas Fernando Blanco. Estas becas foron creadas co fin de recoñecer o esforzo e adicación dos alumnos deste emblemático centro educativo. Entregáronse un total de 5 becas aos mellores expedientes académicos de 3º da E.S.O., 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos automóbiles, 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e 1º de P.C.P.I., correspondentes ao curso 2011-2012. Os agraciados da segunda fornada de becarios (o ano pasado estreábanse estas becas) foron:
  • Ariane Lema Paz (1º P.C.P.I, cunha nota media de 9,30);
  • Sergio Grandío Rodríguez (3º da E.S.O, cunha nota media de 9,58);
  • Maruxa Cernadas Leis (1º Bacharelato, cunha nota media de 9);
  • Santiago de la Fuente Calvo (1º Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos automóbiles, cunha nota media de 10);
  • Yoana Moreira Pose (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas, cunha nota media de 9,14).
Cada unha das becas está valorada en 512 € (200 € en metálico e 312 € en vales de compra), e son posibles grazas á colaboración da Estación de Servizo Bazarra, Librería Trazos, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel, Centro Comercial Finisterrae, Compucee, Hotel-Restaurante Praia de Quenxe, Roberto G. Rigaut S.L. e a Deputación Provincial da Coruña. Personalidades-na-entrega-de-premios-das-Becas-Fernando-Blanco Ao emotivo acto acudiron D. Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Fermín Álvarez Lata, Xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña, os membros do Padroado da Fundación Fernando Blanco de Lema, D. Carlos Oliete en representación de FerroAtlántica, concelleiros, representantes das casas colaboradoras, profesorado do propio I.E.S Fernando Blanco e familiares dos alumnos premiados. Estas becas están organizadas conxuntamente polo I.E.S. Fernando Blanco e pola Fundación Fernando Blanco de Lema, entidade, esta última, que conta co patrocinio do Concello de Cee e da empresa FerroAtlántica.

Novo curso de adultos

Mentres, no IES Fernando Blanco de Cee, permanece aberto o prazo de inscrición para cursar os módulos 1 e 2 para Adultos. Estes estudos conducen á obtención do título de Graduado na E.S.O. e están dirixidos a persoas maiores de idade que poidan asistir ás clases en horario de 18:30 a 22:30 h. Tamén seguirá aberto durante todo o ano o prazo para inscribirse en programas de alfabetización, necesarios para estudar os módulos que conducen ó título da E.S.O.

Para inscribirse, é necesario presentar unha solicitude acompañada de fotocopia do D.N.I. mais o libro de escolaridade ou certificado de estudos. Para mais información contactar coa secretaría de 10.00 a 14.00 horas.

Novas relacionadas

Relatos da Fundación

Máis información

Fonte

  • Fundación Fernando Blanco.

Comentarios