Venres. 19.04.2024
El tiempo

FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo

FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
logo_GroupoFerroatlantica Expectantes están os traballadores de Ferroatlántica ante as verbas da dirección do Grupo FerroAtlántica. E hoxe farán a súa valoración ante as declaracións de Pedro Larrea - presidente do Grupo FerroAtlántica e conselleiro delegado de Ferroglobe - trala reunión mantida  Madrid cos representantes dos traballadores das fábricas que a compañía ten en Cee e en Dumbría. Unha reunión co fin de clarexar as dudas e as especulacións sobre a venda dos activos hidráulicos do grupo. A este respecto, Larrea informou ao Comité dos traballadores da existencia de ofertas para a adquisición dos activos hidroeléctricos pero descartou que se acadase ningún acordo. Asegurou tamén que a empresa garante que unha operación deste calibre non poñería en risco ningún centro de traballo nin os postos nas instalacións do grupo. Neste sentido, afirmou que os fondos xerados suporían uns recursos valiosos para levar a cabo importantes inversións, como a anunciada fábrica de silicio solar no polígono de Sabón - con 42 millóns de euros de inversión e a creación de 90 postos de traballo directos e 150 indirectos - ou o desenvolvemento dunha fábrica en Puertollano de similares magnitudes. Pedro Larrea tamén anunciou o estudo de alternativas para o aproveitamento de recursos forestais na comunidade galega para a fabricación de carbón vexetal e outras inversións productivas e de mantemento. Segregación dos activos Durante o encontro, o presidente de Ferroatlántica recordoulle aos representantes dos traballadores que a regulación do sector eléctrico obriga á segregación dos activos de producción eléctrica e dos centros de consumo, e explicou os cambios que fan que hoxe en día - ao contrario do que aconteceu 25 anos atrás - os activos hidroeléctricos non sexan necesarios para garantir a viabilidade das fábricas do grupo. Como exemplo, aportou datos sobre a actividade hidroeléctrica, que representa actualmente sobre o 2% dos ingresos da compañía e que reduciu a súa facturación á metade nos últimos anos. Ademais, Pedro Larrea comprometeuse a estudar as medidas para o mantemento do emprego nas instalacións actuais de FerroAtlántica e compartiu cos traballadores a complexidade do proceso que se levaría a cabo coa potencial venda dos activos hidráulicos. Así, o presidente de FerroAtlántica quedou a disposición dos representantes dos traballadores para seguir compartindo toda a información dispoñible sobre a operación aberta.

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios