Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

XIX Festa Folk na Fin do Camiño 2019

17/ago./2019
13:00 h
Anchoa
Cartel da Festa Folk na Fin do Camino Fisterra 2019
XIX Festa Folk na Fin do Camiño 2019

os amantes da música folk pechan tamén outra data: a do sábado 17 de agosto, cando terá lugar a XIX Festa Folk na Fin do Camiño.

A brava xente da Asociación Anchía facía a presentación oficial xunto cos membros do Concello fisterrán, e doutras asociacións locais, aos que agradecen o apoio así como á Deputación. O toque musiqueiro puxérono as anfitrionas Alba e Aroa do Calma Chicha.

De vovo, a entidade aposta polo medioambiente, como non podía ser doutro xeito falando do lugar do que falamos, un evento pegado á praia Langosteira. Así o vaso ecolóxico será de uso obrigado para tod@s o que queiran consumir.

A festa arrincará ás 13:00h con degustación de produtos da terra e animación cos grupos “Nin chicha nin patacón” e a “Batucada dos Rapacollóns Big Band”. A partir das 17:00h será o tempo da festa infantil.

O Festival propiamente dito comezará ás 22:00h, e serán as Faíscas da Pontraga os que rompan o xeo. Treixadura, a mítica banda galega, traerá o seu singular espectáculo ao escenario fisterrán. Dende o Morrazo chegan Astaror fusionan o folk co rock, acompñado cunha gran orquesta de cámara. E para pechar, a caña do punk folk dos herculinos Bastards on parade.

Comentarios